Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

dende o meu sofá

Moito arroz

Ninguén pode negar que vivimos unha época histórica especialmente tensa, aceda e avinagrada con unha sociedade singularmente amorosa coas cambadelas e enerxicamente afectuosa cos males do próximo.

E neste taboleiro xogamos todos; todos. E neste maquiavélico xogo van quedando ao descuberto os máis abxectos logros daqueles que outrora foran escollidos como administradores do común. E que continúe o xogo! O prezo final (que quizais non se corresponda co prezo xusto) puxérono eles, si, pero co noso silencio cómplice; todos.

Outra rolda de corrupción! E que pase o seguinte que, como dicía o lendario Guillermo Tell na obra de Friedrich Schiller, se tivese por dono e señor de todo e, como non ten que render contas, fai da súa capa un saio. Ten poderes omnímodos do seu amo o emperador, (...) e nin sequera se lembra de que poidan existir súbditos vexados.

Clama ao Ceo!

O peor (ou o mellor) é que mentres algúns contaban o seu diñeiro de mil en mil, pais e nais de familia se deslomaban construíndo para os seus un presente digno que asegurase un mellor futuro. Mentres eles bebían a grandes grolos os seus luxos, as súas festas, as súas putas e as súas drogas, outros, aguantando bágoas e malgastando suores, rogaban ao banco un pouco de benignidade na hora de vencer a esa maldita hipoteca asinada con fe cega nuns e outros.

Pero hai consolo ao saber que foi moito o "arroz" pero poucos os comensais. Os máis foron e son cidadáns honrados que viven dende a debida sensatez os afáns de cada día, sen levantar nin puños, nin frechas, nin fortunas.

Por estes todos, a maioría, merece a pena seguir traballando e crendo na xustiza e na verdade. Quizais o día que morramos este mundo seguirá sendo un noxo pero poida que sexa, grazas a cada un destes homes e mulleres bos, un pouco menos. Insistamos!

Compartir el artículo

stats