Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Coa cabeza ben alta

Logo de ser aprobado a solicitude de Coalición Independiente por Moaña X M de solicitar a Costas del Estado a caducidade das carpinterias de Casqueiro e Carlago, vemos que o equipo de Goberno de Moaña sigue erre que erre. Vamos a gastar os cartos do pobo en cousas que logo teremos que desfacer a menos que este goberno conceda o que moito me temo que non é outra cousa que o beneplácito para que se siga menospreciando ao pobo dunha maneira despreciable e bananera.

Agora é preferible suprimir os aparcadoiros da zona en clara alusión aos locais comerciais e a súa perda de clientes en dar un favoritismo ideolóxico a persoas que o unico que fan é entorpecer o desarollo de Moaña como pobo. Moitos locais siguen pechando a porta por falta de consumo, coa perda total de persoas obligadas a recurrir novamente as listas de desempregados, e a este Goberno xa non lle interesa crear emprego, si non protexer os seus coa barbarie de antepoñelo a toda costa.

Logo presentaran unha moción solicitando a Xunta de Galicia unhas reformas para crear emprego, desde X M a iso lle chamamos HIPOCRESIA, o emprego se empeza a construir desde gobernos que sexan capaces de reinventarse cos tempos e desgraciadamente este Goberno non ten nin a máis mínima idea de como crear emprego sinon todo o contrario, hai cousas que alguén non lle entra na súa cabeza pois se poderan cambiar as siglas, pero non se cambia a súa forma de pensar e de actuar, dende o anterior bipartito do BNG e o PSOE xa se demostrou que deron un vado ilegal durante seis anos e naide o denunciou, fomos nós X M quen no fixo e se nos deu a razón e non nos cansaremos de denunciar as ilegalidades que vaiamos sacando e os digo que saldrán máis e moi fortes de poder asumir chegado o seu momento.

Gostariame pedirlle ao PSOE que recapacite sobre as necesidades e prioridades do pobo e non sexa un mero acompañante das ilegalidades e barbaries que se estan cometendo co seu beneplácito por algo que lles pode acarrear medidas judiciais de longo recorrido e a perda de credibilidade dos seus veciños , pois ao final todos vivimos en Moaña e eu espero seguir facendoo moitos anos e non hai cartos que paguen o andar coa cabeza ben alta.

*Voceiro de XM en Moaña

Compartir el artículo

stats