Galicia a pesares de acadar os estándares de poboación universitaria e de extender ás capas rurais os beneficios da educación superio r non abandona o infantilismo esquerdista. A nosa masa crítica culturizada segue a expresarse en termos económicos de "colonialismo interior" e postula en consecuencia solucións políticas independentistas como se a nosa situación estivera ancorada na fase imperialista dos estados europeos do século XIX.

Pretendemos solucións anticapitalistas e independentistas cando a sociedade, extensamente proletarizada e consumista, non ve o seu problema na propiedade do capital senón na posesión do traballo. Non somos colonia senón parte constitutiva dun Estado integrado na Unión Europea, intento colectivo de búsqueda de solucións pacíficas ós problemas estructurais das nosas sociedades nacionais. Estamos máis atentos á creación de traballo que á obsesión pola posesión do capital. En conclusión, a nova burguesía caracterízase por ser poseedora de emprego e non de capital, en consecuencia demanda ofertas políticas que propoñan como extender os beneficios do traballo e non como expropiar os medios de producción.

O nacionalismo radical galego cabalga na montaña rusa da mocidade que, a medida en que se estanca a demografía acentúase a perda da súa relevancia estadística. Cada vez son menos voluminosas as incorporacións de electores mozos e mozas.

Cada dez anos cambia cualitativamente a percepción social dos problemas e a idealización dunha nación convertida en Estado vai sendo reemplazada por unha evaluación crítica do ideal independentista e en consecuencia o radicalismo perde adeptos.

Esta descapitalización política prodúcese como consecuencia de facer inversións arriscadas no extremo ideolóxico do espectro. Esa concentración de risco en operacións de ruptura revolucionaria que non consegue traducirse en cambios cualitativos radicais, acaba con frecuencia diluíndose na inanidade.

Dende hai moito tempo o debate tense establecido entre os proxectos que apostan por solucións radicais e transformacións violentas, proxectos que refugan o gradualismo reformista, e aquelas outras propostas achegadas á realidade, máis modestas nas súas pretensións e partidarias de síntesis reformistas.

O status quo -goberno, sistema económico e social e a súa correspondente escala de valores- podemos consideralo a tese. A oposición política que tenta correxir o desequilibrio social dos repartos inxustos das cargas entre capital e traballo representaría a antítese. A realidade política configura pois a tese e a oposición política a alternativa.

Os que apostan por un cambio radical afrontan o risco da violencia ó non reparar que son as sínteses reformistas as que evitan as experiencias revolucionarias que antes que en xustiza derivan en violencia.

Logo da experiencia das guerras Civil e Mundial o galeguismo esgázase en dúas propostas: voltar á constitución do 1931 e ó Estatuto Galego do 1936. Recuperar República e Estatuto. Namentras que outra opción adícase a construir instrumentos para sobrevivir políticamente á dictadura. Os valedores da primeira opción estarían representados no Consello de Galicia, na emigración, e os partidarios da adaptación ás novas condicións históricas organizados en torno do Grupo Galaxia.

A mocedade política dos anos 60 espoleada polo éxito intelectual do marxismo e o movimento dos non alineados -terceiromundismo- apostou de firme polas inversións ideolóxicas arriscadas. Prodúxose sobreabundancia de opcións e cenáculos radicais: independentistas e promotores da ruptura violenta coa dictadura razonaban primariamente que á violencia da represión debía enfrentarse á violencia social e política. A referencia máis notable sería a fundación da UPG no ano 1964.

Pola outra banda, Piñeiro, pretendendo poñer portas ó campo, inspirou a creación do PSG e o PSDG de orientación cristián tratando de homologar así o espectro político galego co resto dos modelos europeos dominantes. O galeguismo de Galaxia propúñase teorizar a moderación e fixo a súa inversión política en promover o reformismo.

A día de hoxe en Galicia as opcións revolucionarias mutaron en movimentos ideolóxicamente informes e aventuran unha experiencia na que operan como apéndices dunha organización de ámbito estatal. O galeguismo reformista esmorece igualmente despois de sonados éxitos -UG e Coalición Galega-. Cando Piñeiro maniobrou para garantir presencia galeguista no Parlamento foi abourado polas minorías ideoloxizadas que se asañaron coa súa estratexia realista.

Os mozos daquela (veteranos das inversións ideolóxicas riscosas) e os mozos de hoxe -pragmáticos e desenfadados- buscan nos fondos con garantía estatal o acomodo para as súas operacións políticas, e Beiras, despois de aniquilar o BNG e fundar ANOVA (Bloque Nacionalista Galego bis), convoca agora ós vellos petruccios radicais e propón unha "Santa Alianza" de esquerda-nacionalista para desbancar á dereita do poder.

Invertimos todo na "Revolución" e nada na "Reforma". Estamos descapitalizados e Galicia na ruina política.