Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

dende o meu sofá

Novas políticas?

Cada día sorpréndeme máis a cantidade inxente de persoas entregadas ao esgotador traballo de buscar problemas onde non os hai; creo que nesa empresa xa non cabe un parvo máis.

A primeira ollada, a diferenza que existe entre XIX e XXI é que o pauciño situado no centro da primeira cifra pasou á dereita na segunda; pero o que en realidade afasta a unha da outra son 200 anos e, polo tanto, moita historia.

Vivimos no século XXI e algúns parece que se empeñaron en desempoar as camisas do XIX para que toda a sociedade pensemos que os problemas fundamentais da vida de todos son os de outrora e non os de agora.

Pregunto: Hai neste país pretensións políticas da Igrexa ou sequera algún partido de inspiración católica? Viven entre nós algunhas siglas de centro-dereita ou liberais que defendan, aquí ou acullá, os principios morais que predica o catolicismo? Existe aquí (España, Galicia, Europa -tanto me dá que me dá tanto-) o mínimo problema de liberdade relixiosa?

Continúo: Onde residen as ameazas ao Estado aconfesional? Quizais nos mozos católicos que non invadiron os templos do laicismo para ensinar as súas vergoñas e insultar a todo bicho presente? Quizais nas monxas que non se revelaron xamais contra aqueles que as insultan polas rúas? Quizais na obriga que todo cristián ten de ser un bo cidadán?

A Igrexa está formada por tódolos católicos que cren, pensan e falan dun xeito moi concreto e tentan vivir, con humanas limitacións, dacordo co que cren, pensan e din. E se non che gusta, non o compras; e punto.

Paréceme tan absurdo que me resulta esgotador. Novas políticas? As do século XIX? Home, non me amoles!

E mentres tanto a maior parte da sociedade bosteza invadida do aburrimento que provoca a campaña electoral. E aínda non comezou.

Como dicía Von Hügel, "a fazaña que ao cristián lle corresponde realizar non é a de mostrar elocuencia de palabra, senón grandeza de alma. Por iso non fales demasiado das cousas grandes: déixaas medrar en ti".

Moito ánimo a todos e a todas!

Compartir el artículo

stats