Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

dende o meu sofá

Albert. E alguén dá máis?

Este luns, en rolda de prensa, o candidato á Presidencia do Goberno do Estado polo partido Ciudadanos (ou Cidatans, ou Cidadáns, ou C´s) asegurou que non revisará, en termos xerais, os acordos que regulan a relación do Reino de España co Estado do Vaticano e, plantexarase, dixo, "só algún cambio en canto a algún que outro privilexio económico concreto".

Pois que queres que che diga, Albert! Non me desgusta a xogada, a verdade. Ti máis eu estamos convencidos de que parte dos teus electores serán católicos que, cansados de PP e PSOE e medorentos ou sinxelamente contrarios a Podemos, mirarán cara o laranxa como o único cor esperanza dentro do maldito eido do voto útil. Por tanto xogaríame o que fose a que esta promesa é unha das varias chiscadelas que ao longo da antecampaña, precampaña e campaña brindarás a eses futuribles votantes católicos.

Pero Albert (ou Alberto ou Alberte), isto non basta. Hai outras cuestións de maior calado, de moito maior calado que pagar ou non o IBI, nas que te posicionaches nitidamente e que atentan contra os principios básicos da fe e da moral católicas e que non nos poderás coar: a visión radicalmente liberal da economía, a legalización do aborto e a eutanasia, a regularización da prostitución coma se este fose un negocio calquera máis, etc. É certo que tes terreo gañado porque son outros os que prestaron os servizos que necesitabas á hora de conservar intacta a lexislación liberal-progresista pero iso non te salva de case nada. Non sei quen será, só sei que nolo puxeron/puxestes moi difícil, demasiado difícil. Nunca fun moi partidario diso que os grandes chaman "o voto útil", cada día o son menos. Por iso pregunto: só catro? Alguén dá máis?

Postdata: Outro día falamos das promesas de "PDR SNCHZ" e da absurda e simpática manía que algúns socialistas españoles (só algúns, a Deus grazas) manifestan cara todo o que arrecenda a católico. Será para apañar algún voto dos que están máis alá da sinestra? (Outro día.)

Compartir el artículo

stats