Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Propoñemos a Chillón como home do tempo

Nin Manuel Toharia nin Santiago Pemán nin Martín Barreiro nin outros nomes ilustres da meteoroloxía televisiva. O home chamado a clavar os pronósticos é o concelleiro de Cangas Xoán Chillón, que ten unha capacidade innata para predecir se choverá cunha antelación que nin a NASA nin o windgurú . Onte, case a unha semana vista da camiñata de Adicam, foi quen de aventurar un pronóstico para esa xornada, mesmo por horas, sobre a intensidade da chuvia, e se lle apretamos fixaría tamén a velocidade das rachas de vento. Chillón, home sensible, intelixente e sempre disposto a botar unha man cando fai falta, sabe que anunciando chuvia levanta as masas contra o mal tempo, e o éxito aínda será maior se erra nos pronósticos.

Joaquín non foi tan temible como se dixo

Pois iso, que tivemos unha fin de semana bastante xeitosa para o que se agardaba. Os partes cansáronse de anunciar frontes polo atlántico e restos da tormenta tropical Joaquín que quedaron en nada. Para celebralo, as rúas e locais da comarca estiveron a tope neste inicio de outono. Xa se sabe aquel dito de que basta anunciar algo para que non pase, e cando pasa é cando menos se anuncia.

Compartir el artículo

stats