Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

En Pereiró

O ano 1975 é o da morte de Franco. Antes de ela producirse, a policía asaltou unha xuntanza da dirección da UPG e asasinou nun portal de Ferrol o dirixente vigués de 25 anos X. Ramón Reboiras Noia. No primeiro de maio, os mozos do PCE (m-l) unidos aos da LCR prepararon un salto propagandístico acompañado de corte de tráfico, no Troncal, Teis. Un garda civil disparou a pistola e resultou morto o traballador da Fenosa, Manuel Montenegro Simón.

Por aquel tempo, morría na rúa de Urzaiz, Vigo, Elvira Parcero, por efectos dunha bala de goma ou dun bote de fume disparado pola Policía Nacional. Nese infausto ano de 1975, foron procesados os vigueses e galegos J.L. Sánchez Bravo Solla e Xosé Humberto Baena Alonso, ambos mozos e militantes do PCE (m-l), cuxa organización de masa era FRAP (Frente Revolucionario Antifacista y Patriótico). Xunto con outros camaradas de partido e membros de ETA foron presos e procesados pola xurisdición militar.

As torturas foron seguidas de xuízos nos que os acusados e os seus valentes e comprometidos avogados non tiveron ninguha garantía procesal. Rigurosamente, os xuízos representaron unha sinistra farsa. Foron condeados a morte, e estas condeas, con alguna excepción, foron executadas. Os pelotóns de fusilamento estiveron formados por gardas civís e policías nacionais ao mando de oficiais dos mesmos corpos represivos franquistas.

A partir do ano 1976, o cemiterio de Pereiró, onde enterraron a Baena, foi visitado cada 27 de maio por persoas de Galicia e Vigo que quixeron unirse para daren testemuño do seu rexeitamento, humano e político, do crime. Franco estábase indo aos pudrideiros da Historia e facíao matando.

Resulta indignate ler o relato oficial da chamada Transición ou mirar como manipula a verdade, e a adoza, a serie de TV "Cuéntame". Houbo aqueles mortos e, despois, houbo outros, e outros. A modélica Transición foi un colosal montaxe fabricado polos franquistas, o clero católico, a Banca, o Departamento de Estado dos EE UU, e exército, un PSOE que permanecerá inactivo durante cuarenta anos e un PCE eurocomunista que renunciara ostentosamente á practica e aos principios. Os que non renunciarían nunca a eles, coma Reboiras e Baena, tiñan que se retirados do escenario político.

Hoxe, o réxime da Transición está a esboroarse e na sepultura de Baena houbo un mundo de xente.

Compartir el artículo

stats