Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Personajes y tradiciones

O xenio creador de Castor Díaz Pereira

Castor Díaz Pereira veu ao mundo o 12 de setembro de 1956, na zona do Posío. De mozo faise mestre, exercendo a docencia nos Franciscanos en Ribadavia, onde xa Benigno Moure comezaba a andaina da súa relevante labor empresarial. Máis tarde fixo a oposición á Caixa de Aforros que gañou, desenvolvendo a súa tarefa en Entrimo, Xunqueira de Ambía, Celanova?, ata que un cáncer de ril levouno prematuramente.

Poucas veces tense o acerto de atopar unha exposición de gran categoría, e máis se se trata de algo inédito. Iste é o caso dun artista galego que sempre tivo a humildade de non presentar ante o público os seus traballos por mor de non establecer criterios comparativos que lle provocaran algún impulso negativo que lle impedira continuar usando a pintura como o escape ás inquedanzas e adversidades do mundo real. Delfín Caseiro y Alfonso Prada foron dous dos máis achegados que tiveron a sorte de convivir con un "xenio descoñecido da pintura galega dos últimos tempos". E éste home foi Castor Díaz Pereira.

Pintou dende sempre, facíao con regularidade, como unha oración que lle permitía poñerse a ben cos de aquí e os de alá. Quixo encerrar nos seus traballos, a nosa Galiza máis profunda, as néboas, as corredoiras, as pedras, as árbores, as augas? e o espíritu das almas perdidas, as almas errantes do silencio da morriña e a soidade. O seu amigo Delfín Caseiro preséntao así na exposición das súas obras no Centro Cultural Marcos Valcárcel da ciudade que tanto sentíu, "Creacións luminosas do Castor, o Tito, o Cotrozo, o Pereira, o benquerido Castor Pereira, dos que nace con raíces de carballo, demiurgo amigo, sedutor de persoas e paraxes, en viaxe calma á fantasía, á ilusión, á fermosura, para se facer tamén paisaxe agarimosa? A existencia é continuo escoitar das voces de lonxe, saudade do tempo e do espazo, empeño esforzado en achegar o futuro distante para un abrazo fraterno, antes de que nos falte o tempo de que estamos feitos."

Unha das maiores virtudes que se lle debe atribuír a Pereira como pintor, é a mestría no difícil manexo da técnica de espátula, que só uns poucos artistas souberon usar coa destreza que Pereira executa. Os cadros da exposición son anónimos, polo que para identificalos permitinme bautizalos para que o lector os atope facilmente.

Toda a obra da su exposición é merecente dun pausado percorrido por todos e cada un dos traballos, con todo só nos imos a deter ante algún dos cadros máis relevantes da mostra. A exposición ábrese cun dos poucos cadros de elementos cotiáns, "Bidón amarelo", no que se expresa con gran mestría no manexo da espátula e unha precisión fotográfica que sorprende gratamente ao espectador, convidandoo a que se achegue para comprobar os nítidos trazos e o hábil manexo da cor e as sombras, a máis diso, un dominio do debuxo impecable. En "Corredoira" sabe dominar como ninguén a inmensa gama das cores verdes e grises da nosa Galicia. Son cores para soñar, para meditar, cheos de melancolía, nostalxia e desamparo, fundidos entre o gris da néboa e os reflexos da auga na terra encharcada, alentándonos unha vez máis o recollemento na calor da nosa lareira. En "O regato" logra algo que a fotografía é incapaz de plasmar, ...a alma do ambiente, da paisaxe, da auga, das árbores, das cores do fondo do río, das sombras da paraxe, dos reflexos na auga e das follas mortas que nadan coa corrente, abrazado todo iso polas grandes ramas que o arroupan como se garda o maior ben da vida... a auga. En "A leira", Pereira séntese xeneroso coa luz, as flores e o renacer da vida da primavera galega na que o suave murmurio dos insectos voadores e o canto dos paxaros atreveranse a romper o silencio da paz e harmonía máis absoluta. Manexa os amarelos, e a gama dos milverdes celestialmente, baixo o ceo grisazulado da nosa Galicia máis íntima. O óleo sobre papel "Campo de trigo", constitúe un canto ao verán, á sesta e á festa da malla que pronto se achega e na que todos os veciños unen as súas forzas para lograr o prezado alimento que lles saciará todo o ano. O vento arrólase entre as espigas acariñándoas cos trazos dos ocres, amarelos, sombras e terras dominados con xenial destreza coa espátula.

Para rematar este percorrido pola imprescindible exposición póstuma de Pereira, non podemos esquecernos do mar. Pereira identificouse co mar totalmente, amándoo como un amigo íntimo. No mar buscou o seu consolo á súa agonía vital, falou con el e esperoulle. O artista xeneroso regaloulle varios retratos, un deles "Ría de Vigo", as Illas Cies presiden o horizonte dun atardecer afastado que nos fai pensar no que haberá alá de lonxe onde o sol se afoga cada día para resucitar de novo con toda a súa luz e esplendor todas as mañás de todos os días das nosas vidas. O traballo é magnífico, maxistral con todas as luces e claroscuros que unha posta de sol pode darnos. Só as mans xeniais dun dos máis grandes pintores que deu nosa Galicia pódeno lograr dándolle unha vida para que todos podamos admirar a chegada da noite.

Compartir el artículo

stats