Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

dende o meu sofá

Vergoña!

Dende marzo de 2011 Sirya sofre unha guerra entre grupos rebeldes musulmáns que pretenden derrocar ao goberno de Bashar al Asad e o Estado Islámico (ISIS), que desexa estender o seu califato.

Este conflito provocou xa máis de 240.000 mortos, catro millóns de refuxiados en países veciños e oito millóns de desprazados no propio territorio. Entre os obxectivos prioritarios dos terroristas están, por suposto, eses que "seguen a un profeta que intentou corromper ao mundo".

En 2012 a Conferencia Episcopal pediu ao Goberno Español que tomara cartas neste asunto e puxera todos os medios posibles a disposición daqueles que estaban a sufrir os horrores desta guerra.

Cada vez estou máis convencido de que estas guerras son as lamas dos nosos noxentos pos: Iraq, Exipto, Libia... E seguimos sentándonos á mesa cos de sempre para negociar por debaixo armas e asinar sobre o taboleiro estúpidas alianzas entre civilizacións.

E non, non penso calar. Seguirei escribindo e condenándoo. Os homes e mulleres que sofren non son de ninguén, nin da Igrexa, nin dos Estados, nin das ONG; os que sofren son, en todo caso, de Deus. E punto.

Vergoña e obscenidade de guerras nas que se usan armas que falan ruso, inglés e español.

Vergoña e bochorno de gobernantes que permiten que os cidadáns sufran estes ataques.

Vergoña e escándalo de sociedades hipócritas que prefiren facerse as xordas mentres hai irmáns chamando á porta.

Vergoña dos nosos corazóns que necesitaron a foto de Aylán (o neno da praia) para empezar a conmoverse.

E vergoña de quen se di cristián e non se inmuta o máis mínimo ante estas desgrazas. Vergoña, náusea e repugnancia.

Porque "se a sociedade non se revela contra o crime, o crime volverase contra a sociedade. Se non me doe a morte do meu irmán, é que tamén eu estou morto." (Monseñor Santiago Agrelo).

Compartir el artículo

stats