Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Reafirmemos a identidade

Escoito dicir a políticos (de moitos tipos e sempre a flote, aínda que sexa trocando siglas), que non é axeitado misturar a procesión do Cristo coa política e observo moitos veciños/as pseudo-progres danlle-la razón na súa negativa a que membros da Corporación municipal, representando (ou deberían facelo) a todosos veciños, acudan a procesión.

Fronte a estas posicións respetables, quero facer constar a miña opinión a favor de que a Corporación municipal de Cangas acuda en pleno en representación da maioría dos/as veciños/as cunhas crenzas tan respetables como outras e reforcen, deste xeito un acto cívico-relixioso de reafirmación da identidade canguesa.

A procesión do Cristo de Consolo é un auténtico acto onde a tradición e a modernidade se unen respetando o legado dos nosos antergos e a relixiosidade da maioría dos nosos/as concidadáns.Respeto as ideas e crenzas de cadauén, pero na Corporación, os/as edís -todos- representan ó pobo non só a eles mesmos.

(*) Secretario de Política Municipal do PSOE de Cangas

Compartir el artículo

stats