Voltamos ao Mosteiro de Lérez a visitar a exposición anual da asociación Cedofeita adicada niste ano a Lérez e aos medios de locomoción. Sorprendeume unha vella fotografía dun isocarro, unha camioneta adicada ao transporte que me fixo lembrar que no Campo da Feira agora Praza de Barcelos había un aparcadoiro diles ali a carón das prataneiras e os pontevedreses da miña xeneración alugabamos para todo tipo de transporte e mudanzas.

Imos con certa tristura pois xa non imos atoparnos co vello castiñeiro centenario que nos acompañou na nosa infancia e crecemento cando de súpeto decatámonos que deixaron memoria da súa pegada pois colocaron nun pedestal os restos do tronco do vello árbore centenario xunto a unha iscrición para que novas xeracions o lembren e non caiga no esquecemento.

O vello castiñeiro que xa forma parte da historia de Lérez tetemuña do paso do tempo, se os árbores centenarios poidesen contar a súa historia cando nos poidería decir o castiñeiro alí a carón da igrexa acougo e abrigo de feligreses protexendos da choiva e floerpas e ventos na invernía e procurando sombriza no verán, acubillo e fogar de paxariños e tamén nos tempos da fame reghalando a fartura do seu froito sempre firme e recio asentado no tempo cas raíces na terra e as polas no ceo coñecedor da historia e testimuña das milagres do santo.

Como xa se fixo en Mourente na capelela de Santa Margarida que se prantou un carballiño que xa luce vizoso para cando o tempo se leve ao historico é senlleiro carballo que xa e patrimonio noso, agardamos se prante tamén un novo castiñeiro a carón do Mosteiro de Lérez.

De volta paso pola rúa Laranxo e decátome que xa tampouco está a árbore que coñecimos e vimos medrar dende a nosa infancia. Sería bo que alguén lembrara a nosa historia máis recente e prantara un laranxo que deu nome a rúa como tamén se fixo na rúa da Oliva coa oliveira.