Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

desde mi atalaya

Manuel Torres

Lembranza e celebración

Esta semana celebramos o XX aniversario do pasamento do grande artista marinense Manuel Torres e o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado ao insigne polígrafo pontevedrés don José Filgueira. E entre a lembranza do artista e a celebración do día da nosa lingua nai, nada mellor para esta ocasión que celebralo cun relato do noso grande artista, sacado do seu libro "Do meu Cartafol" que editou en 1986 e que se titula: "Copa de caña".

"Xa fai tempo que morreu. Chamábanlle Copa de Caña. A min paréseme que tamén debía de ter nome de pila, pero a xente, tan afeita a bautizar pola sua conta, chamáballe Copa de Caña. E él tan campante.

Xa era vello cando morreu. Pero non morreu por culpa da caña, asegún lle anunsiaba o alcuño. Morreu na sua cama dimpois de vinte días de aúno. Por iso a xente desía que si oubese bebido caña neses vinte días non morrería tan pronto.

Copa de Caña fora sempre un mariñeiro valente e duro; pero gustáballe tanto a caña que ás veces baixáballe demasiado a marea do sentido coa que bedía que quedaba varado para una semana. ¡Moito lle gustaba! E daquela, que sabían tan ben? porque era caña de verdade, caña de caña, que traguian de Cuba as fragatas da Atlantique Company dos palos brancos e o casco negro. Ancoraban na bahía á par da laxe das fanecas, e logo descargaban os barriles na gabarra do Codeso, que era o importador de ultramar. Daquela Copa de Caña deixaba a rede e as liñas e ía de axuda na gabarra e dimpois, en pago, bebía e cantaba guagiras coma un mulato.

Esta afisión pola caña -desía él- non era que fose un visio sinon que era coma un remedio. Esí que cando lle doía o ventre ía él a ¡tras! tomaba unha copa de caña; si lle doía unha mó, ¡tras! Copa de caña adentro, e si non lle doía nada entón tomaba as copas que lle daba a gana.

Xa él desia: Con un garrafón de caña a miña beira non hai mal que me tumbe. Por iso morreu o probe tan estranamente porque o tiveron na cama vinte días sin caña".

E como decía o grande escritor Álvaro Cunqueiro: "Mil primaveras máis para a nosa lingua".

Compartir el artículo

stats