Opinión
JAVIER MANCHADO
Os convidados a deshora para a estrea da piscina
Nestes actos nunca están todos os que se agardan nin se agardan todos os que acuden. Entre os segundos, a algúns correlixionarios do PP chamoulles moito a atención a presencia do exconcelleiro José Luis Gestido, que xa non milita nas filas de Sotelo pero aproveitou para facerse ver e estreitar mans cos deportistas olímpicos e outros cidadáns menos laureados. Entre os que non estaban, os representantes dos grupos de oposición, algúns dos cales queixáronse de non seren convocados en tempo e forma. ¿E que foi de Nardo? Hai versións para todos os gustos, e non faltan os que aludan aos celos por atopar competencia institucional ao seu negocio privado.
Sen póliza de seguro non hai procesión
A procesión do Domingo de Ramos entre a capela de Sanamedio e a igrexa de Santa María empezaba a converterse en tradición, pero os problemas loxísticos, coa imposibilidade de acudiren a Policía Local e Protección Civil, obrigaba á Igrexa a contratar unha póliza de seguro para cubrir posibles accidentes durante o percorrido. Así que optouse por acortar o traxecto e recuperar o hábito o próximo ano, a ver se xa con protección institucional.
Suscríbete para seguir leyendo
- Adiós al hijo de Carmen Borrego en 'GH DÚO' tras solo unos días en la casa: «Demandando»
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- Los tres trucos de los economistas para ahorrar en el Mercadona: 'Se ahorra un montón de dinero
- Vigo y A Coruña, incomunicadas por carretera después del atardecer
- Adiós a pasar la ITV a las motos en 2025: el Gobierno aprueba la medida
- Hallan el cuerpo sin vida de una joven detrás del ayuntamiento de Vigo
- Oporto estrena un destino español inédito para los aeropuertos gallegos