Opinión | tribuna del lector

VÍCTOR MANUEL OTERO PROL

O mundo ó reves

Cando era máis novo, e cando rematei a miña formación dediqueime, coma todos, a busca de emprego para poder independizarme e empezar a vivir a miña propia vida. A resposta da maioría das entrevistas de traballo foi: ten vostede un bo currículo, pero fáltalle a experiencia e por iso denegamos a súa contratación. E agora que teño experiencia, esta non me vale! A Consellería de traballo lanzou á noticia de que vai contratar a máis de 120 técnicos de emprego para o Servizo Público de Emprego de Galicia coa finalidade de levar a cabo os dous programas que acaban de aprobar para levar a diante o Programa de activación de emprego e Estratexia de garantía xuvenil. Para esas prazas de técnicos vai a utilizar as listas do Decreto 37/2006 do grupo A2 (diplomados, en xeral) pero esixindo as titulacións de Educador social, Traballo social, Graduado social e Relacións laborais e RR. HH. É dicir, que é igual que teñas experiencia ou non, se a túa titulación non é ningunha destas non serves, e aínda que a túa formación é idónea para cumprir cos obxectivos dos programas, non serves.

Estas listas van rexidas pola experiencia laboral no ámbito público pero isto a eles tamén lles é igual. Como se explica que un licenciado (que lle é permitido inscribirse neste grupo A2 das listas) con un máster en orientación laboral e con experiencia profesional non só como orientador no ámbito privado senón de traballar nunha oficina de emprego durante 4 anos como orientador agora non poda optar a estes postos de traballo. Ou como se explica que outro diplomado con cursos realizados pola propia Consellería de traballo sobre as tarefas específicas nas oficinas de emprego e a orientación laboral e cunha experiencia laboral de cinco anos traballados nunha oficina de emprego non poida tampouco optar a estes postos de traballo. Ou como se explica que outro diplomado e con experiencia laboral nunha oficina de emprego durante 5 anos e que durante dous anos tivo que realizar IPIs (Itinerarios personalizados de inserción laboral) con algúns demandantes de emprego porque na súa oficina desapareceron primeiro os Promotores de emprego, primeiro, e despois os Orientadores laborais, non sirva para estes postos de traballo.

E podíamos seguir así liñas e liñas describindo a situación de moitas persoas nestas mesmas circunstancias que están nos primeiros postos destas listas do grupo A2 pero que non poden optar a estas prazas ofertadas pola posición absolutista e pouco negociadora dos responsables de estes chamamentos.

Éche o que hai. Eu xa non entendo nada. Estou pensando en empezar a practicar a andar coas mans e patas arriba a ver si o mundo empezo a velo o dereito.

Tracking Pixel Contents