Opinión | con lupa
MANUEL GARCÍA*
O valor das persoas
O domingo practicando zaping fun parar a un programa dos que se chaman reality show. O programa era Supervivientes, eu, que máis ou menos sabía de que trataba, non lle prestei máis atención ata que, nunha desas broncas que botan, Bibiana Fernández espetoulle a Rafael Lomana: "Eso non mo esperaba de ti". Cando oín isto e xa ía cambiar esperei uns intres e seguín a bronca. Resulta que Rafa (explorador ou aventureiro) beneficiouse para si mesmo dunha recompensa que era para o grupo, por iso, Bibiana o recriminaba e lle dixo: "Sendo un montañeiro non me esperaba iso de ti". Cada persoa ten en si unha serie de valores intrínsecos e inherentes á súa condición, dun mestre esperamos que lle ensine valores e normas aos nosos fillos, dun médico esperamos que aplique todos os seus coñecementos para curarnos. Bibiana esperaba dun montañeiro un comportamento exemplar e que repartira os seus logros co resto do grupo. Se lle preguntas a un neno que idea ten dun montañeiro dirache que é un home con barbas conxeladas castigado polo esforzo e cunha enorme chaqueta de plumas rodeado de cordas e mosquetóns. Un neno pensaría o mesmo que Bibiana, o montañeiro é unha persoa noble que pasaría fame con tal de axudarlle ao grupo. O mesmo pasa cun capitán dun barco, que ten un código ético non escrito e sabe que ten que ser o último en abandonar aínda que lle vaia a vida niso. Pois ben, preguntémoslle a un cativo que é un político e veremos que valores lle asigna. De primeiras o máis seguro é que o que oe na casa: Ladrón, corrupto, rico, malversador, etc. Pero o peor non é iso, senón que un cativo ten unha idea dun montañeiro per se, ninguén llo dixo, senón que os imaxina así, porén, dun político non sabe nada a non ser o que vexa ou llo digan, é dicir, non o ten idealizado e por iso non lle atribúe valores. Aos políticos pásalles o mesmo, xa que non creen no que están facendo, por iso, non teñen valores nin códigos de conduta, por iso rouban, malversan e prexudican aos demais. En definitiva, so pensan en si mesmos e non lle importa o resto da xente, pero a gran diferencia co caso anterior é que a vida non e un reality show. Na realidade a fame é real, ao igual que a falta de traballo. Pensando como un neno igual se podía cambiar o modelo electoral e meter a todos os candidatos nunha illa deserta facéndoos vivir como auténticos supervivintes, podendo nominar e vendo quen son rafas ou pola contra quen se esforza por axudar aos demais e quen mira polo grupo. Ao final, ata dos realities se poden sacar ideas.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Ni medicina ni odontología: estas son las 2 únicas carreras con nota de corte superior al 13.0 en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Paz Rodríguez abre en Vigo la primera tienda de su historia y mira a Asia para su expansión
- Oncología del Chuvi se despide de Gerardo Huidobro: «Su memoria nos servirá de guía»