Opinión
ANDRÉS DACOSTA PAZ*
Combarro vai ter o seu museo?
O 16 de agosto de 1969 reuniuse o Consello de Ministros no Pazo de Meirás (A Coruña), e a proposta do Ministro de Educación e Ciencia, José Luis Villar Palasí, aprobáronse os Decretos polos que se creaban os "Museos de Artes e Costumes Populares" en Combarro (Pontevedra), O Cebreiro (Lugo) e Ribadavia (Ourense). Estes Decretos foron publicados no BOE do día 30 de setembro de 1969. O Decreto 2123/1969 foi o levar áncoras dunha longa navegación que precisou de case corenta e cinco anos (1969-2014) para que chegase a bo porto, aínda que esta singradura xa comezara moito antes.
A nave que fixo posible esta longa travesía zarpou, cando menos, a finais do século XIX e principios do XX, e a fronte dela debemos recoñecer a figura do insigne polígrafo e fundador da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1894), Casto Sampedro Folgar.
Pouco a pouco a Combarro fóiselle recoñecendo os valores intrínsecos e a singularidade do seu Patrimonio Arquitectónico e Cultural. Co paso do tempo foron subindo a bordo do barco, deixando uns máis que outros a súa pegada, fotógrafos, viaxeiros, pintores, cineastas, documentalistas, escritores e estudosos da arte.Todos estes profesionais contribuíron coas súas obras a que a excelencia de Combarro fose cada vez máis tomada en consideración. Chegados a este punto era necesario dar un salto cualitativo para que os traballos feitos sobre Combarro, por estes acreditados personaxes, puideran ter acollida no seo onde foron concibidos.
Así, o día 12 de xuño de 1957, a proposta do Padroado do Museo de Pontevedra, no Pleno da Deputación Provincial acórdase adquirir "una casa típica del siglo XVIII en Combarro con destino a una sala de exposiciones de cuadros y reproduciones referentes al núcleo urbano y a las costumbres marineras, verificando la instalación el Museo con subvenciones que otorgaría el Ministerio de Marina y el Ayuntamiento de Poyo". O Pleno acorda adquirir o referido inmoble pola cantidade de 40.000 pesetas. Con este acordo o primeiro chanzo para dotar a Combarro dun museo estaba dado, agora vexamos como andaron os seguintes.
O Diario de Pontevedra do día 21 de xuño de 1960 recolle a seguinte noticia: "Bajo la presidencia de D. Prudencio Landín Carrasco, se acuerda autorizar a la presidencia para realizar las obras necesarias y previas, para conservación de la casa propiedad de la Diputación, sita en el pintoresco pueblo de Combarro y que proyecta destinar a exposición de labores y obras artísticas".
O barco vai navegando, lento pero sen pausas, así o xornal El Pueblo Gallego publica o día 30 de xuño de 1963 que con cargo a un dos diversos Plans que está a levar a cabo a Deputación Provincial de Pontevedra, no apartado que está máis directamente ligado co turismo, está a casa que este organismo ten en Combarro. "Por su carácter artístico e histórico está dedicada a exposición de cuadros y reproduciones. Consta de planta baja, de escasa altura, y planta superior, paredes de mampostería, balcones de losa de granito con balaustrada de igual material, cubierta de madera con teja curva. Sus puertas y ventanas son de madera de castaño, su estilo arquitectónico es del siglo XVIII. Su valor en Inventario es de 68.932 pesetas".
Cando o barco chega a porto e atraca, o xornal El Pueblo Gallego publica o 21 de agosto de 1969 a seguinte nota informativa: "A propuesta de don M. Chamoso creador de los mismos, ha sido acordado en el último Consejo de Ministros celebrado en La Coruña, la creación de tres museos, uno en La Montaña, en el Cebreiro; el de Valle, en el Ribeiro, y el de las Artes de Pesca, en Combarro". Transcorridos uns meses, o 17 de abril de 1971 no xornal El Pueblo Gallego podemos ler o seguinte titular: EN COMBARRO SERÁ CREADO EL MUSEO DE LA COSTA. O texto da noticia di: "Ayer, en Santiago, el asesor nacional de Museos de Arte, don Manuel Chamoso Lamas, ha manifestado que en Combarro será establecido el Museo de la Costa, que estará dedicado a los temas agrícolas y marineros.
Patrocina el Museo la Dirección General de Bellas Artes, que adquirirá una casa contigua a la que ha sido ofrecida para la ubicación del Museo".
O dilatado procedemento administrativo levado a cabo tanto para asentar o Museo, como para o recoñecemento da excelencia do patrimonio arquitectónico e cultural de Combarro, terá o seu punto culminante coa publicación do Decreto 3394/1972 de 30 de novembro, polo que se declara a Combarro como Conxunto Histórico Artístico e Pintoresco de carácter nacional.
Como dicimos no titular deste artigo, Combarro vai ter o seu Museo? Inquirimos este extremo en base as noticias que estes días veñen de publicar os medios de comunicación nos que recollen a boa nova de que "la Deputación Provincial de Pontevedra abrirá una oficina de turismo permanente y que estará situada en el edificio de la Casa de Cultura que pertenece a la propia institución provincial".
Congratulámonos especialmente por dous motivos. Un porque por fin a casa que no seu día mercou a Deputación Provincial de Pontevedra vai ter o destino para o que foi adquirida. - dous porque unha das medidas que a Asociación A Solaina de Combarro presentou o día 28 de abril dentro do Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro, no apartado dedicado ao Plan Piloto de Excelencia Turística para o Conxunto Histórico de Combarro, propón a posta en marcha do xa creado Museo do Mar (en 1969), e a "apertura dunha Oficina de Turismo permanente en Combarro". O que fai A Solaina nesta ocasión é retomar literalmente o que acordara o Parlamento de Galicia o 4 de xuño de 1992, pois esta fora unha das propostas que A Solaina lle fixera aos parlamentarios galegos no seu Plan de Dez Medidas de marzo de 1992.
Queda patente que o barco que saíu en 1957 do porto pontevedrés da Deputación cara o Museo do Mar de Combarro tivo moitas singraduras. A ver si esta vez, case 60 anos despois, é a definitiva. - sobre todo agardamos confirmar que está a altura do que o pobo de Combarro, a Capela Sixtina da arquitectura popular de Galicia, se merece.
* Historiador, secretario da Asociación A Solaina de Combarro
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Lista de espera para desbrozar fincas: «Hoy tuve que decir no a tres clientes»
- «Convivo con el dolor extremo por neuralgia del trigémino»
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- El instituto Rosais II logra la nota más alta de Galicia en la Selectividad
- El melanoma no siempre comienza con un lunar en la piel: síntomas y cómo detectarlo a tiempo