Opinión
FRANCISCO ROZADOS "ROCHI"*
De cinismos, sorrisos e puñais
Segundo a definición que dá o dicionario, cinismo é a desvergoña e o descaro no mentir. Cando Belén Cachafeiro falou literalmente hai unha semana "da traizón de quen consideraba amigos", iso é unha mostra perfecta do que é o cinismo. Sería propio falar de quen enarbora un sorriso por diante e crava un puñal por detrás.
A ninguén nos gusta que nos enganen, porque semella que nos están chamando parvos na cara. Creo que teño dereito a defenderme, por esa alusión encuberta, e explicar fielmente a situación.
Xa dixen máis veces que, cando faleceu David Raposeiras, os estatutos do partido obrigaban a convocar a directiva ou xestora que naquel momento estaba á fronte do partido en Forcarei.
Ela non só non a convocou, senón que directamente fixo unha nova directiva á súa medida sen sequera dicirllo a tres dos que fomos borrados ilegalmente (isto non se atreverá a negalo, a risco de pecar de cinismo por partida dobre).
Que sexas apartado ilegalmente da directiva do partido ó que pertences e que por riba sexas ti o considerado traidor é algo que eu non vou tolerar, porque por riba da política está a dignidade, e eu considérome moi digno nese aspecto e no tempo no que estiven na política activa: nunca lle mentín a ninguén sobre os estudos que teño para aparentar máis do que son, nunca sometín a acoso laboral a ningún traballador, nunca manipulei declaracións de ninguén e nunca mandei secuestrar periódicos que me criticaban.
Xa que logo, creo que teño a miña dignidade intacta, algo que non pode dicir ela en cada un deses apartados. Direi, unha vez máis, que o partido popular deberíame estar agradecido por non lle pedir xustas explicacións e, en lugar diso, irme caladiño e fundar un partido novo sen dar queixa ningunha polas actitudes antidemocráticas da nova (e ilegal) presidenta.
Tamén se lamentou de verse soa e desamparada (xa digo, despois de botar ás caladiñas a tres membros da directiva ós que precisamente logo lles reprocha falta de apoio).
Precisarei que se ti botas da directiva a tres persoas que considerabas amigos e despois te queres dar a ver coma unha mártir á que deixaron soa os compañeiros, metaforicamente falando é coma se botases a teus pais da casa e despois chorases por sentirte orfo.
No único apartado no que non mentiu foi cando falou de que "o seu salario era de 2.183, 14 euros, nin máis nin menos", pero é preciso dicir que tampouco dixo toda a verdade, senón unha verdade a medias, pois o salario do que ela fala é o neto, pero o que lle custa a todos os veciños non é esa cantidade ó mes, senón case o dobre.
Non fai falta máis ca dividir os 46.000 euros que supón o seu salario ó ano e dividir por catorce pagas para ver que o custe total non é a cantidade que ela di ó mes. Con todo, iso non é o máis grave, David cobraba máis e resultaba máis barato.
Pero o que máis graza fai de todas as súas palabras é o de que agora temos un "Forcarei mellor". Se pensa iso realmente, se pensa que agora Forcarei está mellor que cando gobernaba David, xa non é que sexa cínica, senón que vive dentro dun soño. É obriga de todos espertala.
Preocupante tamén é o pouco peso que ten no partido. Na presentación estaban tan só dous alcaldes e non asistiu o Secretario Xeral Alfonso Rueda, que si estivo o día seguinte na presentación do candidato de Cotobade, onde ademais estiveron os alcaldes de Cerdedo, Campo Lameiro, A Cañiza, Marín, Ponte Caldelas, A Lama, Soutomaior e os voceiros do partido de Pontevedra e Poio. - esa falta de peso tamén a paga Forcarei, igual que o seu salario.
*Escritor e presidente de Foro Forcarei.
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar
- Rescatan de un contenedor a una mujer que intentaba recuperar un artículo en Soutomaior
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El vigués que apuñaló a su exmujer ya mató al hermano hace dos décadas
- Habla la embarazada que se fugó de Asturias para que no le quiten el bebé: 'Mañana me provocan el parto, volveré para el juicio
- Un coche vuelca en Domaio y el ocupante se muestra agresivo con la Policía tras dar positivo en alcohol y drogas
- Cuidado con el melón este verano: los expertos piden dejar de comerlo por este motivo
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»