Opinión | DE BOLINA
XOSÉ RAMÓN PENA
Últimas tardes con Mónica
"Hai un millón de persoas que non valen para nada, ás que lles estamos a pagar o salario mínimo profesional. A construción acolleu no seu día a toda esa xente, rapaces que nin sequera remataran a E.S.O. e que pasaron a cobrar 1.000 ou 1.500 euros. As noites dos venres e/ou dos sábados comportábanse como se fosen talmente os reis do mambo. Mentres os seus compañeiros permanecían nos colexios e nos institutos, eles, a noite do venres ían de marcha e invitaban a todas as nenas." Xa que logo, a pot-postmodernísima proposta ha de consistir en que a rapazada que en tal estado vexeta, se é que accede algunha vez á lotería dun novo emprego, sexa contratada pola (benemérita) empresa ad hoc a cambio dunha remuneración inferior ao Salario Mínimo Interprofesional. É dicir, por menos de 645, 30 euros/mes. Case case como na decadente Francia (1.120, 43 euros) ou no eximperio británico (1.240, 68 euros), non é?
Evidentemente, o texto está vertido desde o castelán orixinal; non obstante, a pouco que calquera de Vdes. o procure, comprobará que -non, desta volta, desde logo- ben lonxe dun servidor aquel adaxio que afirma "tradutore, tradittore". - vale: se cadra, alguén obxectará que non é para tanto e que xa pediu desculpas e demais; mais así e todo, a responsable dos parágrafos anteriores, Dna. Mónica de Oriol Icaza, non conta entre os seus defectos, precisamente, o de falar con papas ou andar a mastigar pelos na boca. Polo tanto, botemos fóra calquera sorte de incertezas: a señora presidenta do Círculo de Empresarios dixo o que dixo, largou o que largou sen que tremese unha soa sílaba nos neus beizos. Hard sex and hard punk a tope. Látex, coiro, látego e disciplina inglesa sen unha migalla de aditivos, edulcorantes e/ou colorantes. Sen vaselina.
Verán: hai cousa duns trinta e tantos anos, este modesto cronista tiña a desventura de contar cun veciño que tamén aseveraba, sen inmutarse nin sequera un milímetro, que o de veras estaba a acontecer en España é que "trabajo sí que hay, lo que no hay son ganas de trabajar." Acto seguido, resolvía de contado a situación da mocidade en paro declarando que, del estar ao mando dos destinos patrios, "¡A todos esos jipis (como observarán Vdes. o ghichiño ía un tanto a destempo en percepción de modas e estéticas) los llevaba yo al monte y los ponía a andar! ¿Que hay mucho paro, dicen? Lo que pasa aquí es que no tenemos libertad, sino puro libertinaje." Nin que dicir ten e como, sen dúbida, xa advertiron todos Vdes., aquel meu veciño era fascista.
Pero Dna. Mónica de Oriol Icaza é (seica) liberal. De orixes vascas, se ben que nacida e criada en Madrid, falamos da bisneta do fundador do Talgo e mais da neta do que fora presidente de Hidroléctrica Española; así mesmo falamos aínda de alguén cunha vasta carreira no mundo empresarial, titulada por universidades españolas e estranxeiras....; en fin, unha dama que tivo tempo aínda para traer seis fillos, seis, a este mundo e percorrer as rúas e avenidas madrileñas conduncido a súa moto: "por los atascos", aclara.
"Hai... (poñan vostedes a cantidade que lles pete) de persoas que van como tolos polas estradas, autoestradas e autovías. Trátase de xentes que tal semella que obtiveron o carnet de conducir nunha tómbola e que, sen embargo, son capaces de poñerse á fronte de 140 CV sen ningún reparo. En xeral, pero sobre todo nas fins de semana pensan que son os reis do mambo e andan a poñer en perigo a súa vida e tamén as alleas. Se ocasionan un accidente e, por causa diso, acaban, eles mesmos, tirados no foxo, sangrando a todo sangrar... por que habemos de socorrelos? Por que gastar tempo e cartos en ambulancias, médicos, hospitais...? A santo de que tanta compaixón e misericordia?"
Un millón de "expaletas" devidos, daquela, en "ninis" inútiles. Se lles sumamos outro millón de anciáns desvalidos que só aportan gastos á Seguridade Social; se aínda lle engadimos á cifra esoutras de indocumentados, funcionarios "chupatintas", independentistas-separaristas indomables... voilà: cinco ou seis millóns menos! Dun plumazo, pois, somos quen de atinxir o pleno emprego! "Auschwitz, di vostede? Non; non creo que teñamos que chegar tan lonxe."
Un millón de expaletas, agora sen oficio nin beneficio... Ignoro por completo tanto a vida sentimental como as lecturas da Sra. de Oriol Icaza. Así mesmo, lonxe de min calquera pretensión psicanalista vienesa-arxentina; sen embargo, por detrás desa declarada animosidade perante os obreiros da construción é talmente como se xurdisen aquelas páxinas de "Últimas tardes con Teresa", a ben coñecida novela de Juan Marsé: houbo, hai algún Manolo "Pijoaparte" por aí ao que debamos coñecer? Talvez acontece que algunha Maruja que lle roubou a Mónica, digo a Teresa, os seus amores?
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Antiviolencia proponen multa de 350.00 euros para el Celta y tres meses de cierre para Balaídos