Seica non amenaza ruptura, pero no goberno de Bueu a tensión aumenta coa pugna pola Liga e pola Champions. O alcalde, colchonero convencido, mira desde arriba ao seu escudeiro de Facenda, culé de toda a vida. Ao marxe queda o comandante, que só aspira a que o Sporting de Xixón suba a Primeira.

Coiro, polo Camiño Real. Menos coches e máis peóns e ciclistas. A recuperación desta senda entre Moaña e Cangas convida a disfrutala, e os promotores desta iniciativa explicaron onte esas bondades no Centro Cultural de Coiro.