A penas cabía unha agulla entre os representantes das empresas interesadas no ciclo da auga de Cangas. Seica houbera queixas polas condicións "leoninas" do prego de cláusulas elaborado polo Concello, pero na práctica semella que hai negocio. ¿Por que non se aposta, entón, por "municipalizalo", como pide a oposición?

Paseo a golpe de firmas

En Moaña andan algúns moi axetreados recollendo firmas de respaldo para completar o paseo marítimo entre o edificio Salitre e a Casa do Mar. Pero non "un paseo", senón "o paseo", que curiosamente coincide co que defende unha parte do espectro político. Suponse que a democracia ten algo que ver coas maiorías...

Bueu, de conto

O Día do Libro Infantil, onte, foi oficiado en Bueu polo espazo Casa K cunha sesión especial de contacontos para público familiar e unha acción de liberación de libros (bookcrossing). A boa literatura é motivo para celebrar.