Opinión | TRIBUNA LIBRE
CONSELLO DA MULLER
Ante o Día do Pai
Hoxe é 19 de marzo, data escollida para celebrar o día do pai. No Consello das Mulleres de Pontevedra estivemos reflexionando sobre este feito e queremos trasladar as nosas impresións:
1. Actualmente, as datas como estas teñen un componente eminentemente comercial, pero cremos que non hai que deixar pasar ningunha ocasión para pensar sobre os roles dos país e das nais.
2. Segue descansando nas nais a atención e os coidados das fillas e fillos, aínda que cada vez hai máis país que deciden asumir en pé de igualdade a responsabilidade de criar. O obxectivo dunha relación igualitaria entre o pai e a nai aínda está lonxe, por iso debemos seguir traballando para acadalo.
3. Cando un home asume a crianza cos roles que se esperan da muller, aínda sorprende e é considerado como un ser excepcional. Procuremos a normalidade nunha tarefa, a de pai, que non debe diferir da de nai, máis alá do feito de que se tratan de persoas diferentes, cas súas singularidades, pero sen ter que asumir tarefas diferentes en función do sexo.
4. O pai que avanza e asume a responsabilidade sen discriminación de sexo está educando en igualdade as futuras xeracións e repercutirá positivamente na sociedade.
5. As mulleres que hoxe son avóas relatan situacións que parece que xa non se dan, máis nalgúns casos persisten e noutros substituíronse por novas discriminacións, impostas ca táctica máis vellas e eficaz que se utiliza cas nais: a chantaxe emocional. Así se sacrifican amizades, espazos propios, profesións e todo aquilo que define ao individuo. Os pais que buscan unha compañeira de vida e non unha súbdita da maternidade deben facilitar o desenvolvemento da muller asumindo o seu papel de coidador.
6. Cando a parella se rompe os fillos e as fillas permanecen e sempre debe primar o benestar deles, o pai debe seguir responsabilizándose dos coidados na medida que se estableza. A paternidade non é transitoria nin se celebra só o 19 de marzo.
Parabéns a aqueles que coidan sen límites e en igualdade e portas abertas a aqueles que se queiran sumar a incrible experiencia de ser PAI, pero con maiúsculas.
- El radical cambio físico de Iogur días después de ser devuelto a la protectora de Tui tras una adopción fallida
- Localizan en un albergue de A Coruña a la mujer que se buscaba desde ayer por mar y aire en Rande
- «Conducir en Vigo es como jugar al juego del calamar»: el vídeo viral de una mujer cogiendo esta mítica rotonda al revés
- Marián Mouriño: «Siendo niña llevábamos las partes del cerdo para hacer el cocido en México»
- Juicio por presuntos abusos tras una boda en Nigrán: «Sí que te metí mano; qué asco me doy»
- Registros en Ourense y Xinzo en una causa secreta con 4 detenidos y un espectacular despliegue de la Guardia Civil
- La Xunta se abre a extender la caza sin límite del jabalí más allá de este domingo
- Una okupación eterna: «Es inhumano»