Opinión | tRIBUNA LIBRE
JOSÉ JUAN DURÁN*
A pluralidade e riqueza valleinclaniana
Unha vez desenvoltos a meirande parte dos actos programados na honra de Valle-Inclán compre facer algunha reflexión sobre os mesmos. O primeiro sería avaliar, de xeito positivo, o conxunto deles por canto a sua calidade, organización e afluencia de xente estivo a altura da ocasión. A segunda reflexión é que Vilanova de Arousa en canto berce do escritor acaparou un protagonismo absolutamente xustificado e mesmo necesario nas vésperas da grande cita de 2016, o cento cincuenta aniversario do nacemento do escritor.
Quixera, ademais, resaltar o valor da pluralidade que presidiu o conxunto dos actos que e signo, tamen, de riqueza. De ese acervo cultural que posúe o concello vilanovés. En efecto, a Asociacion Cultural Amigos de Valle-Inclán, editora da prestixiosa revista Cuadrante, fai unha fundamental aportación a investigación científica sobor da obra do xenial creador do esperpento. A difusión da publicación rachou fronteiras e leese en moitos lugares de Espana, Europa e América.
O concello de Vilanova de Arousa contribue, de xeito meritorio, a espalla-lo legado do seu fillo mais ilustre, dando continuidade a programacións e contidos ideados e postos en marcha hai anos pero que conservan toda a vixencia. En canto a Fundación Valle-Inclán, desenvolve unha misión básica cal e a de promover e difundir a obra do escritor, que e o fin e o cabo o seu obxecto fundacional. Compre lembrar, ademais, unha singularidade na sua orixe porque foi creada por acordo do Parlamento de Galicia, sendo a máxima representación popular dos galegos a que lle encomendou a sua alta función. O proxecto docente que desenvolve a Escola de Teatro da Fundación e o noso principal empeno ainda que non o único.
Todo esto abunda na variedade de esforzos e a calidade dos mesmos a hora de falar da promoción do inxente legado literario de don Ramón. Cando se puxo en marcha a función teatral na que participaron, o pasado sábado, unha ducia de grupos do Salnés se tina claro que o título seria "Unha alma para a liberdade". Porque a pluralidade e a calidade ou riqueza so se dan en liberdade. Como dicia Miguel de Unamuno, "Solo el que sabe es libre, y mas libre el que más sabe. Solo la cultura da libertad".
*Presidente Fundación Valle
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase
- Detenido uno de los enlaces gallegos de la banda albanesa que trató de desembarcar 1.100 kilos de cocaína en Arousa
- Un buen chico y un gran amigo que siempre tenía una sonrisa
- Una prórroga al sistema y a Televisión Española
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir