14 de septiembre de 2013
14.09.2013

Cara onde vai o monte?

CLAUDIO QUINTILLÁN*

14.09.2013 | 03:53

Estimada Conselleira do Medio Rural e do Mar:

A Comunidade que presido anda, dende hai moitos anos, na procura de información e asesoramento xunto a moitas outras para saber hacia onde dirixir o mapa productivo dos montes tendo en conta as tendencias e mercados actuáis, tanto nacionáis como internacionáis. Como ben sabe, a existencia da maioría de titulares de montes procede das repoboacións realizadas durante o franquismo, que foron dando brotes de cepa das talas de eucaliptos, do espallamento desa especie por incendios forestais, dos diseminados de piñeiro tamén tralo paso do lume, e algúns bosquetes de frondosas por prantación caseque a título testemuñal, sen productividade.

Temos preguntado en numerosas reunións con técnicos da súa consellería hacia onde dirixir o modelo productivo, e algúns como moito nos indican que hai que ordenar as masas de eucalipto e tamén as de piñeiro, pero non ofrecen alternativas para outras produccións. Como moito escoitamos decir que tamén hai espazos para as frondosas, cogomelos? Pero claro, non saben decantarse por algunha que teña en conta que o realizarse con inversións privadas, queremos saber a rendabilidade das mesmas, polo tanto falamos de mercados e garantías: única forma de animar a investir.

Sabemos que outros paises si teñen unha estratexia definida para o monte, na que a implicación do propietario e total, donde a silvicultura é unha ferramenta ligada ao séu desenvolvemento. Donde o monte aporta non só beneficios a sociedade e o medio ambiente, senón que tamen económicos que repercuten no titular das terras e na xeracion de emprego. En base a elo, gostaríanos saber, se o monte o consideran un sector estratéxico, hacia donde pretenden dirixir o seu futuro, que tipo de produccións van a potenciar.

Pola nosa parte, observamos a proliferación de incendios forestais, como todos os anos en maior ou menor medida. Tamén vemos como o pasar o mes de outubro, ninguén volve a falar dese asunto. O monte desaparece dos comentarios políticos, periodisticos, e sociáis.

*Presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Rega dos Agros.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook