O PPS valora a valentía dos que se manifestaron estes días pasados en favor das preferentes. Comparto e hai que seguir dándolle caña, por terra, mar e aire. En fin, non lle dará vergoña ao PP provincial ter que escapar de Pontevedra e vir facer a Silleda o congreso? Hai unha anécdota que dicía o Xeneralísimo Franco, el miedo a guardar la viña, e dígolle aos fanáticos do PP, que foron un bo rebaño, quen vai pagar esas horas de helicóptero que escoltaba sobrevoando Silleda, para escoltar esa obra de teatro que foi o que lle chaman o congreso, facendo o paripé nun tempo de crise tan profunda. O PPS non da entendido, supoño que isto é ríndose das treinta e tres parroquias veciñais do Concello de Silleda, opina que non se deberían deixar entrar, porque o PP sillededense o que fixo sempre foi falcatruadas económicas durante moitos anos. Derrochou diñeiro público dos paganinis a mansalva, a moción de censura, perdidos nunha xunta xestora máis de quince anos, facendo obras innecesarias e xa vou poñer unha como exemplo. O centro de saúde de Bandeira, que se o PPS non o defendera, tamén o querían pechar e por encima os máis pobres somos os que nos rapan a lá a miúdo, e despois quen a negocia supostamente son o Sr. Bárcenas, o Sr. Urdangarín, os alcaldes de Boqueixón e Santiago e moitos máis que me quedan sen nomear. - así os pobres que temos que pagar os medicamentos, esa é a vara de medir que ten o PP. - colorín colorado, dicimos amén a todo, pero o PP segue gobernando, e os papadores comen ben e os pobres estamos agonizando.

Presidente Independentes Progresistas por Silleda (PPS)