Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión | tRIBUNA LIBRE

Ós mártires de Anguieiro

Serafín Valladares

En Agosto de 1936 once persoas foron asasinadas sen piedade. Sen xuízo nin ningunha acusación foron violentamente arrancadas de súas casas e en pouco tempo baleadas nunha cuneta de Anguieiro. Algúns corpos alí apareceron, outros non se supón onde poden estar.

Non se trata agora de encontrar e castigar quen apertou o gatilho ou quen deu orde, mais si de recuperar a honra de todos os que como estas once persoas, nunca a deberían perder. Os once que agora recordamos e honramos, non cometeron outro ?pecado? que o de traballar arduamente para se manteren e sustentaren as súas familias. Non. Non eran eles os ?pecadores?. Os ?pecadores? foron aqueles que a calquera prezo pretenderon manter os seus inxustos privilexios.

A aquela clase social que levou España a unha situación tan insustentável e que creou a tal escola de seguidores ideolóxicos o que os incomoda é que teñamos memoria, e quero dicirlles ben alto: NON É BO ESQUECER. A Historia aprendese mais non se esquece nin se falseia. Xa se falseou durante demasiados anos. O que queremos é: A VERDADE. Non queremos vinganza nin desquite, só a verdade.

A verdade e a recuperación da honra de quen a merece, como estes once MÁRTIRES DO ANGUIEIRO.

-DANIEL GONZALEZ GRAÑA. Tiña 24 anos. Era veciño de Cangas. Mariñeiro de profesión. Membro da Confederación Nacional do Traballo.

-ANTONIO BLANCO RODAL. Tiña 26 anos. Veciño da Rúa Singulis de Cangas. Mariñeiro de profesión.

-GUILLERMO FERNANDEZ FERNANDEZ. Tiña 27 anos. Veciño de Seixo(Darbo). Albanel de profesión. Membro do Partido Socialista.

-ALEJANDRO MARTINEZ PAZÓ. Tiña 19 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro de profesión. Membro do Partido Socialista.

-JOSE MARTINEZ PAZÓ. Tiña 26 anos. Veciño de Darbo. Membro do Partido Socialista.

-ANTONIO FERREIRO NÚÑEZ. Tiña 32 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro de profesión.

-NORMANDINO NUÑEZ MARTINEZ.Tiña 46 anos. Veciño da Rúa do -NORMANDINO NUÑEZ MARTINEZ.Tiña 46 anos. Veciño da Rúa do Sol (Cangas). Mariñeiro de profesión. Membro da Confederación Nacional do Traballo.

-SECUNDINO RUIBAL VILLAR. Tiña 38 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro.

-ESTANISLAO FERREIRO NÚÑEZ. Tiña 24 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro.

-EUGENIO BASTOS FERNÁNDEZ. Tiña 18 anos. Veciño da Rúa do Castro ( Cangas). Mecánico nos estaleiros Barreras. Membro das Xuventudes Unificadas.

-JOSE NORES RODRÍGUEZ. Tiña 16 anos. Veciño da Rúa Liberdade ( Cangas). Albanel de profesión

Que cada un dos once saiba que non os esquecemos, que a súa morte non foi en balde, que ela nos obrigará a actuar para que nunca se poidan repetir tan atroces infâmias.

(*) Serafín Valladares Guimeráns é veciño de Cangas

Tracking Pixel Contents