Opinión
Mestre don Avelino
Manuel Bragado
A figura de Avelino Pousa Antelo convoca simpatía unánime en sectores sociais ben diferentes da sociedade galega porque simboliza o galeguismo pacífico até o lirismo, ao que convocaba Castelao na súa "Alba de Gloria". O pasamento do mestre don Avelino, un carballo case centenario sempre ao servizo da causa de Galicia, supón que politicamente se apagou o derradeiro facho da xeración do Partido Galeguista, as Irmandades da Fala e a Xeración Nós; fendeuse de vez o elo que unía ao nacionalismo contemporáneo co proceso de construción da nacional iniciado naquel tempo republicán de soños e entusiasmo. Don Avelino non fixo outra cousa ao longo de case oito décadas que contribuír a alicerzar o soño dunha Galicia dona de seu, orgullosa da súa lingua e da súa cultura (que defendeu até o seu derradeiro salaio), confiada nas súas propias posibilidades e na determinación dos seus cidadáns. Traballou por este soño coas únicas armas posibles para unha patriota galego coma el, a confianza cega nas posibilidades da educación pública e e da acción política por medio da palabra. Mestre adiantado da renovación pedagóxica da escola rural, promotor da Escola Granxa de Barreiros, impulsor do cooperativismo agrario, cando se xubilou dedicou as tres derradeiras décadas da súa vida a defender a dignidade da nación de forma insubornable percorrendo os seus camiños e vieiros até onde a súa presenza venerable era requirida e participando como home de acordos en institucións claves do galeguismo nacionalista como as Fundacións Castelao, Bóveda ou a do Pedrón de Ouro. Don Avelino foi un modelo ético dunha peza, espello de honestidade, rectitude, fraternidade, solidariedade, amizade, valores polos que a súa persoa concita o maior agarimo e respecto. Adeus para sempre adeus, don Avelino! Sempre bo e xeneroso, irmán!
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
- El desfile aéreo de las Fuerzas Armadas: «Una exhibición con la precisión de una operación quirúrgica»
- El padre César Mañueco, el joven monje que guía el Monasterio de Oseira: «Los que estamos aquí no venimos de Marte»
- Comerciantes y hosteleros empiezan a pagar cuotas voluntarias de 50 euros para el contencioso contra la subida de la basura
- Una jueza de Vigo condena a una empresa de fotografía por dejar a los novios sin el álbum de su boda
- Un nuevo proyecto en Pinténs amplía la oferta turística de Cangas con un campamento denominado Cova das Minas
- Las mejores despedidas
- The Rapants, Fillas de Cassandra y Eladio y los Seres Queridos: la nueva confirmación para los conciertos de Castrelos