Unha das consecuencias da actual crise económica é a da necesidade de reformular o modelo das caixas de aforro, as institucións de crédito popular vencelladas ás comunidades locais. O deterioro experimentado polos activos financeiros e a baixada da rendabilidade e liquidez destas entidades obrigan a unha reestruturación do mapa das caixas e a un proceso inevitable de fusións alentado polo Banco de España e polo propio Goberno co seu programa de reestruturación e ordenación bancaria. E como é lóxico as dúas caixas galegas non son alleas a este proceso de concentración, abríndose un debate fulcral para o futuro da economía galega e do propio país como tal. Semella que até agora sobre o futuro das nosas caixas –Caixanova e Caixa Galicia concentran case o 57 dos depósitos galegos e o 53% do crédito da nosa comunidade– pouco máis houbo que especulacións e debates xornalísticos arredor dos seus posibles modelos de fusión: o de concentracións interrexionais ou o de fusión entre ambas as dúas.

A primeira posibilidade seria de concentración interrexional apareceu este pasado verán cando se coñeceron os informes internos que manexaba Caja Madrid, entidade que pretendía absorber a Caixa Galicia e a CAM valenciana. De realizarse esta concentración en diagonal, de tres caixas de comunidades gobernadas polo Partido Popular (operación que os responsables nacionais de Xénova, incluído Mariano Rajoy, verían con aberta simpatía) a nova caixa madrileña lideraría o mercado español por diante das caixas catalanas e andaluzas (tras o seu previsible proceso de fusión). Un proceso de concentración intercomunitarias que tamén ven con aberta simpatía tanto o gobernador do Banco de España (Miguel Ángel Fernández Ordóñez) como o presidente da propia Confederación de Caixas (o galego Juan Ramón Quintás Seoane), xa que para eles supoñería unha diminución das interferencias políticas das Comunidades Autónomas e unha redución de custes e o conseguinte aumento da operatividade das novas caixas. Ademais, a posibilidade desta concentración interrexional estaría amparada polo Goberno no seu decreto de creación do Fondo de Reestruturación e Ordenación Bancaria (FROB) que elimina o informe preceptivo das Comunidades Autónomas para autorizar este tipo de fusión ou absorcións das caixas.

Os perigos reais desta "operación diagonal" acenderon todas as alarmas políticas e económicas do país. De materializarse esta absorción de Caixa Galicia por parte de Caja Madrid, alén do impacto sobre o emprego e do traslado dos seus servizos centrais, non hai dúbida que Galicia perdería unha das súas principais ferramentas de política industrial sobre as pequenas empresas do país, mais aínda cando ben se coñece que a estratexia da entidade madrileña veu sendo tradicionalmente a de participar en grandes corporacións como IBERIA. Ademais, unha absorción interrexional de Caixa Galicia, podería deixar a Caixanova en solitario, ao abeiro doutra operación semellante. Un escenario que de producirse supoñería unha auténtica catástrofe para o noso país e para o seu futuro.

Diante dunha hipótese de consecuencias tan negativas, o actual Goberno Galego por fin rompeu o seu silencio sobre a cuestión reclamando de forma bastante enérxica a convocatoria dunha comisión bilateral Xunta-Estado para dirimir o conflito suscitado polo regulamento do FROB que invade as competencias exclusivas de Galicia sobre as caixas de aforros, recoñecidas no artigo 30 do Estatuto de Autonomía. Unha iniciativa que de non chegar a un acordo levaría á Xunta a presentar un recurso diante do Tribunal Constitucional. Unha decisión moi relevante do Goberno de Feijóo que, sen dúbida, abre a posibilidade da fusión entre as dúas caixas galegas, unha solución que cos matices de cadaquén semella avalan tamén os dous partidos da oposición.

Pechada pola Xunta e pola oposición a posibilidade das fusións extragalegas e aberto o escenario da posible fusión entre as dúas caixas nosas, toda a prudencia e cautelas serán poucas para conducir con rigor un proceso moi complexo onde, máis alá das cuestións estritamente financeiras, haberá que vencer moitas, moitas resistencias, sobre todo, no ámbito do local, o que até agora lle foi máis propio a estas entidades. Sabemos que un proceso deste tipo deberá solucionar problemas como a posible duplicación da rede comercial da nova entidade nalgunhas localidades (o que podería ter un efecto considerable sobre o emprego) ou das infraestruturas das redes sociais e culturais actuais (as máis importantes do país). Mais tamén o é que contar cun músculo financeiro galego tan potente (podería ser o cuarto do estado) permitiría afrontar retos descoñecidos para a economía nosa. Un proceso difícil que paga a pena.

En los últimos años, y a cada ocasión en que he mencionado las siglas BBVA, mis interlocutores replicaban "ah, el magnífico banco de Goirigolzarri". En ocasiones enfatizaban que "tengo mis ahorros en esa entidad por Goirigolzarri". O generalizaban, "la economía mundial cambió el día en que Goirigolzarri accedió al banco, aunque ahora no recuerdo cuándo fue". Por tanto, no debería sorprendermos que si un trabajador es despedido con 45 días de sueldo por año trabajado, la destitución del consejero delegado del BBVA se haya saldado con 450 días por año trabajado. Si merece tamaño premio, por qué lo echan.

Goirigolzarri es un ERE de un solo hombre, una empresa necesitaría despedir a cuatro mil empleados para gastar tanto como el BBVA en su consejero delegado, que recibirá tres millones de euros anuales hasta que cumpla 85 años; hoy se jubila con 55. Quienes se rasgan las vestiduras ante la magnitud del dispendio en plena crisis, olvidan que en tiempos de bonanza hubiera cobrado mucho más. A juego con su incomparable desempeño, el ejecutivo ingresará cada año –por no trabajar– lo mismo que cuatro personas en medio siglo de vida laboral. Cobrará tanto como doscientos trabajadores medios, el equivalente a los dos años de subsidio para cuatro mil desempleados. Un ejemplo, sin duda.

La mejor manera de garantizar el disfrute de ese dinero a los grandes ejecutivos consistiría en obligarles a contarlo, euro a euro. Goirigolzarri necesitaría tres horas diarias para contar la suma recaudada en esa jornada. El proceso de repasar sus ingresos diarios le llevaría menos de un minuto a un trabajador medio porque, para que alguien gane esa fortuna, otros han de perderla. La carrera del destituido demuestra que el dinero se halla más seguro en sus manos, y puede alegar que "la única diferencia entre quienes me juzgan y yo es que ellos no tuvieron la inteligencia suficiente para hacer lo mismo que yo". Es una cita del consejero delegado de Enron, el escándalo de 2001 que nunca iba a repetirse.