Recolle un diario de Mallorca que o concello de Calviá foi o primeiro municipio español en conquerir que a prostitución de rúa fora sancioada como delicto, sendo dictada en Palma a primeira condea contra unha muller prostituída deste xeito.

O municipio que preside o alcalde Carlos Delgado non tivo recato algún en contratar a un penalista e os seus argumentos calaron tan fondo nos maxistrados que coincidiron en sucesivas instancias en mandar á cadea perante seis meses a unha muller nixeriana.

En lugar de desalentar a demanda, o que se está provocando con esta actuación é xerar máis violencia contra as mulleres prostituídas. Se a demanda promove a oferta deben ser aqueles que mercan os corpos humanos os únicos perseguidos e castigados, nunca as mulleres que son prostituídas en beneficio de moitos homes.

A prostitución supón un xeito de violencia masculina contra as mulleres, nenas e nenos, e ten que ser oficialmente recoñecida desta maneira. A igualdade de xénero continuará sendo inalcanzable mentras os homes merquen, vendan e exploten mulleres, nenas e nenos prostituíndoas.

As feministas cremos necesario promover unha lei abolicionista como xa existe en Suecia e noutros países, provendo amplos fondos para servicios sociais integrais dirixidos a calquera muller prostituída que queira deixar de selo, pero tamén deberá dispoñer fondos adicionais para educar á poboación. Suecia trata a prostitución como unha forma de violencia dirixida ás mulleres, penalizando ao prostituidor-cliente, tratando ás prostituídas como víctimas que requiren axuda e educando ao público para contrarrestar o histórico sesgo masculino que por tanto tempo embruteceu o pensamento acerca da prostitución.

Estou segura de que o proxenetismo estará felíz por esta medida do concello de Calviá, asi como da sentencia dictada, xa que se van beneficiar do que veñen reivindicando dende as súas organizacións mafiosas legalmente constituídas: que as mulleres pasen a formar parte dos seus clubes.

Os estados proxenetas seguen a dar seguridade ao proxenetismo con estas actuacións. Os proxenetas seguen a estar de sorte porque , ademáis de beneficiarse todos eles da prostitución allea, non son condeados, salvo que excepcionalmente as organizacións feministas nos personemos nos procedementos (e isto para as organizacións de mulleres resulta tremendamente costoso pois temos que recurrir á solidariedade de avogados e avogadas que o fan desinteresadamente co conseguinte traballo e tempo que estos procedementos conlevan) . Hai que darlle a noraboa ao proxenetismo e aos prostituidores-clientes, unha vez máis están protexidos pola connivencia do Estado Proxeneta.

Nestos días as conclusións obtidas polo PSOE, PP e CIU na Comisión Mixta de Dereitos da Muller de non regulamentar a prostitución non deixa de ser unha aposta política en defensa dos dereitos das mulleres, pois calquera modelo de regularización supón alentar a demanda que fai posible a explotación sexual de miles de mulleres. A opción persoal dunha minoría non pode ser excusa para dar cobertura a unha práctica social non desexable que é en definitiva unha forma máis de violencia contra as mulleres, por eso o rexeitamento da legalización.

Esperemos que este sexa un primeiro paso ata chegar a un estado abolicionista. Mentras non chega, agardamos que as medidas que se recollen no informe sexan executadas urxentemente, pois é imprescindible debatir sobre o modelo social que queremos ter.