Opinión
X. L. MÉNDEZ FERRÍN
No Furriolo (2)
Durante 70 anos intentaron que, xeración após xeración, o pobo chegase a esquencer a masacre do Furriolo. Despois de Auschwitz non se pode escribir poesía, dixera Adorno con grave descontento de Paul Celan. O domingo antepasado dos poetas galegos cantaron no Furriolo e demostraron ao mundo que, despois de Celanova, entendida agora como centro de exterminio de presos políticos, pode haber poemas. Porparte, a Asociación Arraianos Terras de Celanova puxo en marcha unhas xornadas históricas sobre a represión de 1936 e seguintes e levantou unha parede de tellón no alto do Furriolo e nela estampou un fermoso mural X. Vizoso en memoria dos fusilados alí. Setenta anos despois de dictada a cláusula de esquencemento nos pactos cupulares da Reforma Política, por fin hai un acto de recoñecemento e de memoria daquelas víctimas. De entre os centos de mortos e de escarnidos no Furriolo, a reminiscencia e a teimosía do pobo leal quixo sempre destacar un: Celso Pérez, alcalde da Frente Popular en Gomesende, convertido nunha lenda baixo o nome familiar de Celso de Poulo.
Celso de Poulo dalle, na tradición nacional popular, nome e un rostro entrevisto ou cuase adiviñado nos outros mortos. A súa honradez, xenerosidade cos pobres e nobreza de espírito ocasionaran que as xentes das Terras de Celanova o escollesen para representar os sen nome perante o tribunal inapelábel da condición humana. Igual que Bóveda, que Lorca, que Quintanilla, que Benigno Alvarez, que un batallón de notabres entre os infortunados, Celso de Poulo representa no Furriolo a todos. Explicouno mellor ca min Castelao nas páxinas d´A Nosa Terra cando instituíu o Día dos Mártires Galegos (que el non chamou da Galiza Mártir, por certo) poñendo en primeira fila, onde sigue estando, a Alexandro Bóveda.
No acto de inauguración do mural en memoria dos asasinados no Furriolo, había moitas autoridades políticas da Xunta de Galicia, e mesmo estaban o seu vicepresidente e tres alcaldes que non militan no PP. Pro a Asociación Arraianos, con Aser Alvarez González como figura principal, quixo marcar aquilo que os maoístas Lázaros e Alain Badiou chaman hoxe en París "a Distancia Política". Desde embaixo e desde a raíz das cousas, Arraianos elixiu a Distancia. Chamou por todos e non agardou por ningúen. Por iso, nin un céntimo dos destinados a subvencionar os actos do Ano da Memoria contribiu a enxoitar os seus gastos. Vizoso non cobrou, como é hábito en xente coma el, e foron pequenos empresarios de Celanova os que puxeron, como contribución á reconstrución da memoria, os materiais e os salarios dos traballadores que erixiron o monumento do Furriolo. Os gastos das xornadas de estudo que durante toda a semana tiveron lugar no ventre do vello horror, na antiga prisión do convento e actual Instituto, sairon dos petos dos propios Arraianos. Alí no convento falamos, por exemplo, de Lois Soto, que xa ían sendo horas.
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería
- La secuela más desconocida del fentanilo llega a los hospitales vigueses
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un equipo médico para un corazón de 100 toneladas: en las tripas de un titán del mar
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Rescatan a un niño de 5 años que se estaba ahogando en una piscina del balneario de Mondariz
- Xonxa Otero y Paula Rivas: «Estamos moi felices por ser as primeiras mulleres en poder bailar a danza de San Roque»
- Ni una alerta roja por calor frena la devoción a San Roque: más de 16.000 personas disfrutan de la fiesta patronal