O mundo está tolo,tolo", filme de 1963 dirixido por Stanley Kramer, é unha aparatosa e entretida road comedy que pon de manifesto o gran poder que teñen os cartos na sociedade para solucionar e crear diferentes problemas, aínda que non teñan solución posible como di o epílogo cunha estrepitosa risada final.

Como nun gran cine ou no teatro do mundo as persoas que nos rodean poderían protagonizar , sen ser estrelas de Hollywood, moitas e célebres películas por motivos pecuniarios ou outros que non logro entender, como comprobarán se queren seguir adiante con esta crónica relatorio de anécdotas da vida cotián, algunhas delas comparables ás escenas de calquera filme dos xeniais irmáns Marx. E non crean que son lendas urbanas, son historias reais como a vida mesma. E sen máis: ¡ABRÉSE O TELÓN¡ Paseando por esta cidade encontrei días atrás unha amiga que levaba tempo deprimida-estancada no paro. Licenciada en psicopedagoxía, radiante agora porque xa tiña "curre" de tarotista-teleoperadora, tras un curso acelerado no que lle ensinaran as artes adiviñatorias.A contía do salario non dependía das cualidades profesionais da recén adquirida videncia da amiga en cuestión, senón da capacidade para "enrollar" aos que querían saber o que lle deparaba o futuro.Ou sexa:máis "rollo" telefónico= máis "pelas". Salvaba bastante ben a situación gracias á carreira que estudiara e, ademáis, entre chamada e chamadapreparaba as oposicións, intentando adiviñar,ao mesmo tempo, que tema lle iría caer. Non está tan mal, unha psicóloga-confesora-vidente vía telefónica. Podería ser a actriz de "Cita a cegas" (comedia de 1987, de B.Edwards) ou de "Confesións verdadeiras" (xénero policíaco, de U. Grosbard), porque me confesou que pasaba dos arcanos maiores e menores do Tarot cando respondía en "trance telefónico". Despedímonos animosamente e como apretaba o calor"tocaba" día de praia, porque en Vigo non se verá o mar pero litoral - de momento- si temos. E nun "chiringuito"deses de Información e Turismo, cerca da praia que escollín estaba á fronte del unha colega tamén preparando oposicións entre pregunta e pregunta.Moi asombrada, ao igual que os primeiros filósofos alá polo século VI A. De Xto., ante as raras preguntas e reclamacións do persoal: " Que por cal parte da praia picaban mais as fanecas- esquerda ou dereita- ,que porque se chamaban fanecas bravas, que si as había mansas, que porque estaba tan fría a auga, que facía demasiado calor para ser Galicia, que eles non esperaban iso, que cando cría que ía cambiar o tempo...". Indignados e enfadados. Excuso dicir que non eran paisanos senón forasteiros de Inglaterra, Alemania e Norte de Europa, "guiris", vamos. Ademais de sorprendida estaba supercabreada. Con razón. Menos mal que é filósofa, por iso de que "hai que tomar a vida con filosofía". Posible protagonista de "Unha cabana no ceo" (musical de 1950, de V. Minnelli).Só lle puiden desexar sorte e que non se queimara demasiado porque o futuro lle cambiaría pronto, con tantas prazas que ía convocar o millonario Ministerio de Educación o vindeiro curso.Días despois, andando á presa pola "boa vila" do Lerez,contáronme alucinados uns amigos biólogos que antes do xantar sentaran nunha céntrica terraza dispostos a tomar unhas bebidas, e cando pediron as consabidas "tapitas"a camareira díxolles chea de razón que non era posible, porque "los pájaros atacan y comen todas las tapas".Repostos do susto, ironizaban con que se serían falcóns, corvos, voitres leonados, pegas ou doces pombas. Imaxinen cal película se podería rodar : unha de terror urbano, dirixida por un seguidor de A. Hichcock, xa que non pode volver o mestre do suspense de entre os mortos (título, por certo, dunha das suas películas).

Prosigamos, lendo a prensa chamoume a atención unha das últimas noticias da nosa Galicia poselectoral: Que Touriño e Quintana se entrevistaron en secreto para cerrar o pacto de goberno. "Un cara a cara de hora e media encerrados nun hotel de Santiago serviu aos dous números un para insuflar osíxeno á negociación e enfriar o enfado dos nacionalistas, que a noite anterior se levantaran da mesa airados ante a oferta dos socialistas". Actores idóneos de "Cara a cara" (cinta de acción e efectos especiais de 1997, de J. Woo), "Dous homes contra o oeste" (western de 1971, de B. Edwards) ou mesmo da famosa "Dous homes e un destino", con Paul Newman e Robert Redford.

Se seguise relatando agora o que vin, o que me contaron,o que leo na prensa ou o que vexo na tele, cando a vexo, isto sería "A historia interminable", e esta cronista non dispón de tanto espazo, non é C. Foster Kane, o magnate da prensa dos anos trinta que escribía todo e canto quería. Así que: ¡THE END¡

Epílogo: o mundo está tolo, tolo, si; pero como a sesión debe continuar, vexamos na pequena pantalla dos nosos fogares "Que bello é vivir", sen dúbida o filme máis benintencionado da historia do cine. Porque de ilusión tamén se vive. ¿Continuará?

*Narradora, ensaísta. Profesora de Filosofía no I.E.S.

no Frei Martín Sarmiento

de Pontevedra.