Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Grande Escolla

Violeta Crespo elixe Galicia para o seu vestido de noiva: «Quero un traxe que fale de min»

A influencer e Eddy Insua preparan a súa voda: «É o home da miña vida»

«Namorei da vosa terra, por eso estou aquí»

A influencer Violeta Crespo, parella de Eddy Insua, nun episodio centrado nunha das decisións máis especiais; escoller o vestido de noiva.

A influencer Violeta Crespo, parella de Eddy Insua, nun episodio centrado nunha das decisións máis especiais; escoller o vestido de noiva. / FDV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

A grande escolla recibe esta noite (22.50 horas) na TVG a influencer Violeta Crespo, parella de Eddy Insua, nun episodio centrado nunha das decisións máis especiais: escoller o vestido de noiva. «Namorei da vosa terra, estou aquí para un traxe», di decidida.

O contexto non é menor. Violeta vai casar co fisterrán Eddy Insua e ten moi claro o que busca: un vestido que fale dela. Non se limita a unha etiqueta. Quere personalidade, pero tamén sinxeleza. Fala de equilibrio entre o «princesiña, sexy, elegante», pero insiste en algo máis concreto: que transmita seguridade. Confía no talento local e espera que alguén sexa capaz de coñecela e traducila en tecido.

A súa chegada ao noso país deixa xa algunhas pinceladas do ton do programa. Entre risas e complicidade, advírtelle a Eddy que el vai quedar á marxe do proceso: quere que non vexa nada ata o final, como dita a tradición. «De noiva non me vas ver vestida», lánzalle, mantendo o misterio.

A cita con Noelia Rey ten lugar no Pazo da Golpelleira, en Vilagarcía. Nesta ocasión, con novidade: os dous participan na elección, aínda que separados por un biombo para respectar a tradición e que o noivo non vexa o vestido antes do gran día. Eddy, ademais, leva cascos para non escoitar os detalles máis sensibles. «Se o sei, quedo no bar!», bromea, asumindo o papel. Entre ambos a complicidade é evidente. Violeta ten claro que «é o home da miña vida» e Eddy recoñece entre risas que el era «anti-vodas» ata que chegou ela.

O catálogo sorprende desde o inicio. Violeta recoñece que as propostas encaixan cos seus gustos e fala de «vestidazos», mentres Eddy, completamente a cegas, introduce a súa principal preocupación con humor: os prezos.

A cita con Noelia Rey ten lugar no Pazo da Golpelleira, en Vilagarcía.

A cita con Noelia Rey ten lugar no Pazo da Golpelleira, en Vilagarcía. / FDV

Celine: elegancia e emoción

A primeira proposta chega de Vigo da man de Maite Vázquez. O Celine é un vestido de corte serea con colo halter en encaixe italiano, costas ao aire e capa desmontable. Un deseño que combina estrutura e movemento.

Violeta conecta desde o primeiro momento. Ve nel un equilibrio entre elegancia e sensualidade, algo que encaixa co que buscaba. Pero hai un detalle que eleva a proposta: unha pedrería Swarovski nas costas que lle dá un punto diferencial. A reacción é inmediata. O nome do vestido tamén ten carga emocional. Celine é o nome da nai da deseñadora, unha homenaxe que engade unha capa máis ao relato.

Na parte económica, a tensión trasládase ao outro lado do biombo. Eddy decide poñer os cascos antes de escoitar o prezo real. Intúe que a cifra pode subir e non se equivoca demasiado. Violeta sitúao arredor dos 2.500 euros, pero o custo final elévase ata os 3.800. A súa reacción é medida: entra dentro do que considera razoable, aínda que deixa claro que non pasaría de certos límites. Concretamente, 5.000 euros.

Eddy, pola súa banda, xoga a adiviñar a cegas e queda preto, introducindo incluso a posibilidade de «baixar algo» cunha colaboración, sempre en ton de broma.

Na reportaxe, Maite explica o concepto do vestido: liñas máis limpas, tecidos con caída natural e unha silueta alongada e sofisticada. Violeta recolle a idea e engade un matiz: tamén o ve xuvenil. Cando o proba, a sensación confírmase: «Non cambiaría nada».

Branca Brisa: risco e personalidade

A segunda proposta chega desde O Porriño con Noa Estévez. Branca Brisa constrúese ao revés do habitual: primeiro nace unha pamela con veo e arredor dela fórmase o vestido.

O resultado é diferente, cun punto rompedor. Violeta valora a elegancia e a sinxeleza do conxunto, pero a pamela xéralle dúbidas. Non é un accesorio co que se sinta cómoda de entrada. Eddy, sen ver nada, resume ben a cuestión: pode ser «un puntazo ou restar».

Na estimación do prezo aparece unha das dinámicas máis divertidas do programa. Eddy dispara alto con 4.000, mentres Violeta baixa máis á realidade con 1.800 euros. A diferenza entre ambos serve para evidenciar, con humor, a falta de acordo. Finalmente, o prezo —2.000 euros— queda máis preto da intuición dela.

Noa explica que buscaban precisamente iso: saír do tradicional e propoñer algo distinto. Fala tamén do proceso coas noivas, desa necesidade de coñecelas para adaptar o deseño á súa personalidade.

Violeta, en frío, recoñece que lle resulta «algo recatadiño, eu quero algo máis rompedor». Pero a proba cambia a percepción. Ao poñer a pamela, sorpréndese a si mesma e revaloriza a proposta. A idea inicial non sempre coincide coa sensación final.

Miriel: impacto e volume

A terceira opción leva a Violeta a outro extremo. Isabel Vilaverde presenta o Miriel, un vestido de corte princesa con cintura vasca, escote corazón e tul con aplicacións de cristal e encaixe. Volume, brillo e presenza.

É, en palabras da propia deseñadora, un vestido para «entrar e deixar sen respiración». A Violeta gústalle esa idea. Ve unha proposta chamativa, potente, máis próxima ao concepto de «vestidazo».

A estimación do prezo volve quedar curta e por moito. Nin os 4.500 euros de Violeta nin os humildes 3.500 de Eddy se achegan aos 9.000 euros finais. A Violeta ábrenselle os ollos. A cifra sorprende, pero Isabel relativiza: hai opcións para todos os perfís e este responde a un nivel de alta costura.

Na reportaxe, o vestido defínese como unha suma de tendencias: corsé, transparencias, estrutura marcada e pezas desmontables. A presentadora Noelia aventurouse a vestilo no día da reportaxe, o que dá unha idea máis favorable que nun manequín. Cando o proba ela mesma, a percepción cambia: o vestido gaña moito posto.

A decisión, entre estilos e emoción

Coas tres opcións vistas e probadas, a elección non é evidente. Cada vestido responde a unha parte distinta do que busca Violeta. Os prezos son moi diferentes tamén, algo que Eddy valorou con ollo clínico dende o comezo. «Fóra bromas, eu o que quero que sexa un día especial, que desfrute. Que escolla o que queira».

Antes de decidir, o programa introduce unha pausa para xantar onde aparecen anécdotas do oficio. Tamén sae outro dos temas clave para a parella: onde casar, se en Galicia ou en Madrid. O certo é que nada está claro, a praia turra dela, pero está aterrada cun día de chuvia en pleno verán.

Co tempo para pensar esgotándose, toca dar o veredito final. Xa viu os tres vestidos e mesmo os probou. «Vouno ter moi difícil, non sei que facer», di Violeta. A grande escolla de Violeta Crespo, este martes ás 22:50 na TVG.

Tracking Pixel Contents