Lanzamento discográfico
Un disco galego recolle o arquivo musical do espía Gustavo Durán
Tui é o lugar elixido para a estrea mañá a cargo de Samuel Diz e o tenor arxentino Jonatan Alvarado

O tenor Jonatan Alvarado e o compositor Samuel Diz (1d). | XOSÉ D.

Hai persoas que canto máis xira o mundo máis sorpresas revelan. Unha é o diplomático e espía –nacido en Barcelona pero criado en Madrid– Gustavo Durán, quen tamén destacou como músico e musicólogo. De feito, o compositor Samuel Diz e o barítono arxentino Jonatan Alvarado prepararon un disco no recordo do seu labor como musicólogo, «El mar de l´amor», que o venres presentan no Teatro de Tui ás 21.00 horas. As entradas poden adquirirse en enterticket.
O talo da súa vida alongouse como miliciano polo bando republicano na Guerra Civil; para despois exiliarse en Londres ata que as bombas do III Reich o fixeron fuxir a Estados Unidos coa súa muller. De alí, choutaría a Cuba convidado por Hemingway que escribiu sobre el en «Por quen dobran as campás?» para despois ir enlazando cargos de diplomático e espía en Arxentina (onde os peronistas non queren oír falar del) para despois MacCarthy investigar o seu pasado comunista. Acabaría finando en Grecia onde foi alto funcionario da ONU e sen regresar nunca a España. Alén desta vida fílmica, foi un gran músico e musicólogo.
«O seu arquivo atópase na Residencia de Estudiantes á que estaba vinculado e onde tivo amizades como Alberti e Lorca. Alí, dei cos cadernos musicais inéditos», explica o galego Samuel Diz.
Eses cadernos presentan 121 pezas que Durán foi recollendo e transcribindo. Abranguen desde música antiga a melodías populares. «É como un atlas dunha viaxe por músicas da península Ibérica e os Andres. El creoulles arranxos moi persoais», engade Diz.
Para o disco que presenta hoxe con Jonatan Alvarado seleccionou 31. «Queriamos –recalca Diz– respetar a heteroxeneidade do cancioneiro onde hai pezas de Portugal, Cataluña, Galicia, Castela, Andalucía, a zona dos Pirineos, Arxentina ou os Andes. Preparamos arranxos para guitarra e voz adaptándoos á tesitura de Jonatan Alvarado como tenor».
No que respecta a Galicia, aclara que no cancioneiro –un repertorio musical creado na súa etapa diplomática– atoparon unha cantiga de Martin Codax que Durán musicou cun ritmo «que podería ser actual, con un ritmo cubano. Tamén inclúe unha cantiga de cegos que non incluímos no disco pero que tocaremos en Tui».
Alí, estarán presentes as fillas do compositor: a poeta Jane Durán e a musicóloga e Lucy Durán. Ambas as dúas colaboraron na gravación do álbum en Dartington Hall, no sur de Inglaterra.
Engade Diz que o silencio que rodeou este cancioneiro de Durán débese en gran medida á súa bisexualidade «perseguida polas conviccións sociais da época. Moitas das cancións presentan un carácter íntimo e confesional».
Recoñece o tenor Jonatan Alvarado que participar neste proxecto foi moi especial: «Fue como reencontrarme con un colega del pasado, con inquietudes similares a las nuestras».
Porén recoñeceu a dificultade pola diversidade de linguas nas que ten que cantar: «Es muy enriquecedor pero tuve que pedir ayuda para que me explicasen las particularidades de los fonemas y el timbre. Fue un reto muy grande y tenía que sonar convincente».
Recoñece que antes deste disco descoñecía a Durán: «Sé que trabajó en Argentina y que conspiró contra Perón. Vengo de una familia peronista. Él realizó el ‘Libro azul’ que estudiamos en Secundaria. A mi padre no le hizo gracia este proyecto pero las canciones le gustan». O «Libro azul» foi elaborado por EEUU con informes para evitar que Perón chegase ao poder.
- El Gobierno de Portugal aplica una rebaja «extraordinaria» de los impuestos a la gasolina por la guerra en Oriente Medio
- El enredo judicial en torno a la cúpula acristalada del Celta
- Lola Galovart, Valedora da Cidadanía de Vigo, herida grave y en la UCI por el accidente de la AP-9 del sábado
- Chayanne, segunda confirmación de los conciertos de Castrelos en Vigo
- El otro milagro de Madonna con el Celta: «Hola Borja Iglesias, quería pedirte un favor; yo soy del Dépor...»
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- De aldea vaciada a destino internacional: el proyecto en el rural de Ourense de Jonathan y Adrián
- La AP-53 se sitúa entre las autopistas de España que más tráfico ganó en 2025