Estreas en galego
AGalega.gal celebra o Entroido con novidades no seu catálogo
Rodrigo paz
AGalega.gal, plataforma de streaming da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) —antiga CRTVG—, afronta o Entroido con importantes novidades no seu catálogo. Nel non só se poderá ver unha nova sección especial dedicada a estes días de troula e celebración, que contará cunha ampla selección de pezas divulgativas sobre as tradicións máis singulares dunha das festas máis representativas da cultura galega, senón tamén series coma Vienna Blood, xa dispoñible en versión orixinal subtitulada en galego, que aborda as investigacións dun novo médico discípulo de Sigmund Freud que colabora coa policía na resolución de complexos crimes, combinando os primeiros conceptos da psicanálise co método clásico policial, na Viena de comezos do século XX.
Hoxe estrease o documental O país dos mixtos, que recupera a historia do Couto Mixto, territorio singular con identidade propia e privilexios únicos durante máis de cinco séculos, situado na raia entre Galicia e Portugal e formado polas aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus. Mañá, será a quenda da chegada á plataforma de streaming da CSAG da webserie Galicia crime, protagonizada polo detective Dowson e o sarxento Pillei, dous peculiares policías de Carballork que combaten o crime nunha Galicia disparatada e americanizada.
Outra cita destacada será o vindeiro luns coa estrea de CeibaRimas. O freestyle en galego existe, programa especial de catro capítulos que recolle a gran final da principal competición de rap improvisado en galego, con batallas, actuacións e entrevistas que amosan a forza da cultura urbana galega.
A programación completarase coa chegada dos filmes Non llo digas a ninguén (13 de febreiro), A lume lento (14 de febreiro) e O cazador de recompensas (17 de febreiro), que estarán dispoñibles en AGalega.gal durante 30 días.
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Costas plantea eliminar aparcamientos y paseos para salvar Praia América
- Unas 150 variedades de camelias atraen a multitud de personas a Porta do Sol
- La salud o la nota: cuando el esfuerzo por un 13 «asfixia» en Bachillerato
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Muere José Antonio Suárez-Llanos, referente del sector pesquero gallego, a los 71 años