HOXE, ÁS 22.50 H. NA TVG
Boris Izaguirre: «A retranca galega é unha fonte de intelixencia formidable»
A exconcursante de «Gran Hermano» Vanessa Bouza será a anfitrioa do escritor venezolano pola comarca do Deza, onde desfrutarán das vacas, dos queixos e do cocido
A nova entrega de «A Miña Gran Cidade. Corazón galego», hoxe ás 22.50 h. na TVG

Vanessa e Boris, na cociña de Pepita. | TVG
A misión de Vanessa Bouza, exconcursante de «Gran Hermano», semella, a priori, ben doada: Boris está casado cun galego, viviu en Santiago un tempo e é xa colaborador habitual do «Luar». A aventura consiste en seis experiencias inmersivas polo Deza con cadanseus exames e notas da veciñanza. Na previa, as diferenzas entre anfitrioa e convidado quedan claras. «Somos bastante distintos, ela está nun momento da súa carreira no que eu non estou», comenta Boris, coa súa ironía habitual.
Pero entre eles nace axiña a complicidade. «O peixe é para as vacas?» A primeira parada da parella é en Botos, en Lalín, no corazón gandeiro da comarca do Deza. A gandaría vacúa é un dos piares da zona, pero Boris chega coma se fose a tomar o té en Highbury máis que a pisar unha granxa. El mesmo ri da súa falta de previsión: «Eu preparara un vestiario máis de cacería en Inglaterra, máis acorde ao clima», admite, pisando con ollo a lama que deixaron as chuvieiras do temporal. Entran con elegancia na explotación. O mestre desta primeira inmersión é Óscar Neira, gandeiro de terceira xeración. Unha becerriña nacida o día anterior convértese na estrela da xornada. A experiencia na granxa vira nun pequeno desfile rural cando aparece, de súpeto, a peixeira. Para Boris é un acontecemento. Cando ve o xénero pregunta moi serio se o peixe é para as vacas. «Non, non! O peixe é para min!», corrixe Óscar rindo.
Tropicalidade e galeguidade
No camiño en furgoneta á seguinte experiencia, aparece o Boris máis íntimo. Fala da súa relación coa súa parella Rubén: «A miña tropicalidade faime ser máis desordenado e desenfreado, exprésome máis. A min vénme ben a galeguidade de Rubén», explica. E acaba facendo unha declaración de amor á nosa maneira de rir: «Hai que estar máis exposto a Galicia e á retranca para entendela. A retranca é unha fonte de intelixencia formidable», chega a dicir, confesando que prefire esa retranca ao humor andaluz. Da granxa de Botos pasan a Negreiros, en Silleda, para descubrir como o leite do Deza se converte nun dos seus tesouros máis celebrados: o queixo. En Cortes de Muar agárdaos Germán García, queixeiro de vocación e de familia. Antes de entrar na sala de elaboración teñen que poñerse panos, batas e calzas «como se fósemos á NASA», di Boris. «O mundo do queixo vai ao revés do que estamos acostumados», conclúe, encantado con que algo, por unha vez, non teña présa.
O cocido galego non sería o que é sen ingredientes de primeira, e por iso na terceira experiencia desta aventura de Boris polo Deza o venezolano ten que sacar as súas dotes de veciño e ir porta a porta pola parroquia para conseguir todo o necesario. Pataca, chourizo, verdura, orella, lacón… e sobre todo, paciencia. A primeira en abrirlles a porta é Irene e ofrecerlles ingredientes. Logo chegan á casa de Pepita, unha anciá vital e entrañable compañeira de coro de Irene, que os recibe ao carón da cociña de ferro. Boris saca un caderno e toma notas como se estivese nun curso intensivo. Tras darlle varias claves da ortodoxia do cocido de Lalín, remata de asustalo: «O día de facer o cocido hai que madrugar de moi boa hora».Pepita despídeos entregándolles chourizos, como quen entrega un pequeno tesouro da casa.
Ao final desta primeira aventura polo Deza, Boris e Vanessa rematan coa sensación de ter vivido un día tan intenso como divertido, pero o mellor é que isto non remata aquí: aínda lles queda descubrir se Boris se atreve a conducir un tractor por Lalín, se será quen de cociñar un cocido e unhas filloas como manda a tradición ou se a banda de Merza conseguirá poñelo a tocar algunha peza coma un auténtico galego de corazón.
- Cambio de rumbo para las cabañas turísticas de Bueu, que salen a la venta
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Davila 09/12/2025
- Las denuncias al presidente de la diputación de Lugo por acoso sexual: «Me dijo que debía acostarme con él si quería ser funcionaria»
- Davila 10/12/2025
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- Sandra Osorio, la campeona de España de pesca submarina que aprendió sola en Vigo: «Era un deporte de hombres y nadie quería venir conmigo»
- Vigo cambiará todas las placas de sus calles, pero ¿qué ocurrirá con las que tienen valor histórico?