Bertín Osborne, no Salnés: «Só me falta buscar unha moza galega»
O espazo segue co segundo capítulo da aventura do cantante pola comarca acompañado de Eva Iglesias, empeñada en galeguizalo: pandeireteiras, bateeiros, viño, peixe e marisco

Eva Iglesias e Bertín Osborne, cunhas cantareiras, no programa desta noite. | CRTVG
REDACCIÓN
O exitoso programa da TVG “A miña gran cidade, Corazón Galego”emite esta noite (22.50 horas) o segundo capítulo da aventura de Bertín Osborne polo Salnés, acompañado de Eva Iglesias, que sigue empeñada en galeguizalo. O programa arranca coa parella conversando mentres proban a empanada de mexillóns que fixeran no capítulo anterior. «Unha filla miña sae cun galego que ten as súas casas aquí ao lado de Sanxenxo», confesa Bertín, mentres Eva o convida a facer o propio e que merque casa en Galicia. «O único que teño que facer é buscarme unha moza galega», retruca el entre risas. «Sería a súa perdición», di a rianxeira. «Non pararía de beber albariño e de comer... habería que mirar por el», remata entre risas.
A cuarta experiencia lévaos ao corazón da música tradicional da man da asociación Soalleira, institución de Dorrón con décadas de historia dinamizando o folclore das Rías Baixas. O xardín da quinta onde estaban énchese coas súas voces, traxes e pandeiretas, e Bertín mira fascinado: «Un amigo meu de Pontevedra regaloulle á miña filla Alejandra un traxe de galega cando era pequena, estaba guapísima».
Antes de lanzarse a ensinarlle algunha peza, Eva, que o coñece ben, adiántase: «Seguro que vas dicir que na música tradicional berramos moito». «Non, ti si que berras moitísimo!», retruca el con malicia. «A min non me fai falta micro», responde ela, levantando as mans coa pandeireta mentres Bertín asente, rendido.
O sevillano colle o instrumento «como se fose da tuna», como apunta Eva, e corrixe a postura con paciencia. O andaluz proba a abanear a pandeireta, pero non lle dá moito xeito. «Non teño eu xogo no pulso, eh?», admite el, mentres a súa anfitrioa lle dá unha lección de ritmo e destreza. «Empecei con 6 anos en baile galego e logo xa fun aprendendo pandeireta, gaita, tamboril… Botei moitos anos nunha banda de gaitas», conta Eva. «Eu o de pandeireteira lévoo moi dentro, por iso esta experiencia», engade, divertida.
As pandeireteiras fálanlle da homenaxe deste ano polas Letras Galegas ás nosas cantareiras, e o andaluz, emocionado, deixa caer unha reflexión sincera: «En todos os sitios é a nosa obriga non esquecer de onde vimos». Recoñece ademais que «escoitou música popular galega infinidade de veces» e lembra as súas visitas a Luar: «Vou dúas ou tres veces ao ano durante corenta anos!». O remate chega cun aturuxo coral.
A quinta experiencia ten sabor a mar. No peirao de Vilanova, unha multitude agarda a chegada de Eva e Bertín, que soben ao barco de Marcos Leiro, bateeiro con máis de tres décadas de oficio. «O de cultivar mexillón non debe ter moito misterio», di o cantante antes de embarcarse, ignorando o que lle espera. Xa no medio da ría, Marcos explícalles o proceso de cultivo, as 500 cordas por batea e os meses de espera: «Hai que esperar 8 ou 9 meses», comenta. «Están preñados!», bromea Bertín. Pero sempre é mellor vivilo que que llo conten, así que Marcos ensina de preto como extraen o mexillón. Eva, sempre teatral, dá un chimpo cando as salpicaduras a mollan de cheo. «Que susto me deches! Pensei que saíra unha quenlla!», ri Bertín, mentres a presentadora se recompón entre gargalladas.
As imaxes que deixa a experiencia son fascinantes. Tanto a rianxeira como o andaluz quedan sorprendidos. A bordo, proban os mexillóns frescos cocidos, un verdadeiro privilexio. «Os máis escuros son machos», explícalle a Eva. «E ti comes femias, polo que vexo…», pica Eva. «Eu cómoas todas», sentencia o cantante .
Xa na furgoneta, entre confidencias e bromas, Bertín fala dos seus negocios e saca peito dos números que fai a súa empresa alimentaria, que vende «un millón de bolsas de picos ao ano».
A sexta e última experiencia é a fartura final: un xantar de marisco na Quinta de San Amaro, onde o anfitrión e a súa convidada comparten cigalas de Marín, vieiras de Cambados e un guiso de peixe sapo con ameixas, regado con albariño de «A do Ferreiro».
- Cambio de rumbo para las cabañas turísticas de Bueu, que salen a la venta
- Davila 09/12/2025
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Las denuncias al presidente de la diputación de Lugo por acoso sexual: «Me dijo que debía acostarme con él si quería ser funcionaria»
- Davila 10/12/2025
- Sandra Osorio, la campeona de España de pesca submarina que aprendió sola en Vigo: «Era un deporte de hombres y nadie quería venir conmigo»
- Vigo cambiará todas las placas de sus calles, pero ¿qué ocurrirá con las que tienen valor histórico?
- Una vecina de Vigo logra cancelar más de 14.500 euros de deuda gracias a la Ley de Segunda Oportunidad