A viguesa Bea Saiáns analiza a gordofobia nunha serie da plataforma web de A Galega
Deportistas, psicólogas e escritoras falan ao redor dos mitos sobre os transtornos alimentarios e a presión social para ser magras

María Von Touceda é crítica de arte e aparece no terceiro capítulo de «Réxime» . | B.S.

A gordofobia é o eixo da serie documental que amosa a plataforma web de A Galega baixo o título de «Réxime». Trátase de tres capítulos con varios extras a maiores que se poden ver en streaming no sitio www.agalega.gal. A directora foi a fotógrafa e cineasta viguesa Bea Saiáns que rodou na Asociación Cultural A Morada en Vigo.
A serie supón un híbrido entre os programas de cociña e o documental xa que amosa á chef Raquel Ogando a preparar diversos pratos mentres tres persoas en cada capítulo expoñen a súa relación coa comida ou o seu corpo. Alén diso, tamén opinan sobre como percibe parte da sociedade as devanditas relacións.
As persoas elixidas para disertar e saborear os pratos que prepara a chef abranguen dende deportistas de elite a escritoras, psicólogas ou investigadores. Tamén se atopa o músico vigués Kaixo ou a campioa mundial de halterofilia sub17 Irene Blanco.
No primeiro episodio –que leva o título «Onde vai o amor cando a beleza desaparece?», atopamos a escritora Andrea Nunes; o sociólogo e investigador queer Daniel Amarelo e a psicóloga Lucía Trigo.
Sinala esta última que «nos medios vemos un corpo determinado e entendemos que ese é o corpo que temos que chegar a ter». Tamén engade que un dos «mitos» dos transtornos alimentarios é pensar que o padecen mulleres novas porque son «máis superficiais ou que queren ser máis guapas». Puntualiza que, en realidade, hai «moitas patoloxías» no transfondo, que inclúen o xaxún ou sentir culpa por comer.
Andrea Nunes sinala que «nós, por sermos gordas, estamos penalizadas socialmente». Relata que aínda que ela se queira a si mesma, ao saír á rúa e atopar mensaxes de «violencia» contra ela polo seu corpo experimenta que «é moi difícil que eu me queira».
Nós, por sermos gordas, estamos penalizadas socialmente»
No caso de Daniel Amarelo, este defende que «é interesante pensar o amor alén da beleza entendendo que esta é moi central para o amor pero non exclusiva».
No seguinte capítulo da serie de Bea Saiáns —quen vén de participar no festival Intersección cunha curta—, Adri Guede reflexiona que «a gordofobia é o menosprezo constante a unha persoa gorda simplemente polo feito de ser gorda».
A ex-ximnasta Aroa Davila relata como comezou a percibir dende pequena a presión social para controlar o que comía. Así, no primeiro campionato de España ao que acudiu –tiña sete ou oito anos– cando ían comer un prato de pasta e o camareiro lles preguntou se querían pan, as adestradoras vetaron este último. Como nena, Aroa interpretou que o pan non era un alimento axeitado para ela. Anos despois, «foi a psicóloga a que me dixo que tiña un transtorno alimentario», indica. A serie completa pode verse en AGalega.
- Homicidio en la estación de autobuses de Vigo: «Llama a la Policía que mataron a Roberto, está lleno de sangre»
- Pide ayuda para encontrar un sobre con dinero que perdió en Cambados
- La Xunta niega la jubilación a un profesor de Vigo con una depresión «irreversible» diagnosticada por tres especialistas
- Las gallinas de los corrales de 40 concellos de Galicia, confinadas para frenar la gripe aviar
- Cinco familias demandan por acoso escolar al Compañía de María de Cangas
- Pesar en Silleda por la muerte de Vicente Dacosta a los 41 años
- El hostelero investigado por el caso del agua contaminada con sosa cáustica: «El problema vino de la botella»
- La chapelana Rosana González, reina de la belleza