Carlos Blanco namora do Lugo de Silvia Jato: «Vanme matar os de Vilagarcía»
Os dous famosos participaron nunha nova entrega de «A miña gran cidade»
Silvia Jato ábrese e visita canda Blanco os lugares máis especiais da súa infancia

TVG
Un escenario e dous protagonistas de altura. Na última entrega do programa «A miña gran cidade», emitida na TVG, Silvia Jato xogou na casa. A coñecida presentadora volveu ao seu Lugo natal cunha misión clara: convencer a Carlos Blanco de que a cidade da Muralla é o destino perfecto para quedar uns días de vacacións. Súmanse así á nómina de parellas populares que levan semanas percorrendo a nosa xeografía, de Carlota Corredera e Chelo García Cortes a María Mera e Alessandro Lequio.
A tarefa da mítica presentadora, porén, non era tan doada. «Teño as expectativas moi altas», confesaba o actor nada máis chegar, e advertía con retranca á presentadora Noelia Rey: «A min que non me faga saltar en parapente».
«Non pasear pola Muralla é pecado»
Pero pouco tardaron en achegar posturas e rendirse un ao outro, ademáis de á cidade. A comida e a nostalxia acompañaron a ambos nun episodio marcado polos recordos da infancia de Silvia. "Esta muralla acompáñame desde que nacín, as súas pedras eran o primeiro que vía polas mañás", dicía Silvia ao pé do monumento Patrimonio da Humanidade. Carlos, por se había dúbidas, engadía: "Vir a Lugo e non pasear pola Muralla é pecado!".
Tras o paseo, Silvia quixo regalarlle a Carlos un «bonequiño» da panadaría «Madrid». «É pan, pan con aceite», aclaraba Silvia mentres Carlos, emocionado, probaba un. «Están boísimos, parécenme algo orixinalísimo!», asegurou o actor, que descoñecía esta tradición lucense.
Á hora do xantar, visitaron o clásico O Candil. «Isto resucita un morto!», exclamou Carlos ao ver fascinado as enormes racións de callos, polbo, zamburiñas e tapas polas que son famosos os lucenses. «Para comer, Lugo!», proclamaba Silvia.
Un regreso á infancia
A emoción tamén tivo cabida no regreso ao colexio As Pepas, onde Silvia compartiu historias da súa infancia: «Aquí xogaba ao baloncesto e aquí castíganme por falar polos cóbados», confesaba entre risas, mentres se reencontraba co seu antigo profesor de lingua e amigas do colexio.«Foi coma se a min me levasen ao meu instituto en Vilagarcía», comentou Blanco ao ver a ilusión de Silvia no que fora o seu colexio.
Tamén visitaron a capela da Catedral de Lugo na horna da Virxe dos Ollos Grandes, un lugar moi especial para a comunicadora. «A miña primera conexión coa catedral foi nun momento moi duro da miña vida», explicaba emocionada Silvia. «Cando perdín unha das miñas mellores amigas con 14 anos, crucei todo Lugo para vir á capela».
Carlos, que confesou non ser crente, recoñeceu que desfruta as visitas a catedrais. «Hai paz e silencio, algo que eu valoro moitísimo».
Finalmente, tras catro experiencias intensas, Carlos Blanco non dubidou demasiado entre quedar uns días pola cidade ou marchar de volta a Vilagarcía de Arousa e acabou optando por darlle máis tempo a Lugo, para a ledicia da súa nova amiga Silvia Jato. «Vanme matar os de Vilagarcía», comentou o humorista.
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Un hombre afronta una multa de 225.000 euros por pilotar ilegalmente un dron desde el Castro de Vigo
- Le imponen 5.500 euros por dejar el coche «aparcado» en un taller de Vigo durante seis meses
- María José Crispín, doctora experta en nutrición: «Ya no se recomienda hacer cinco comidas al día»
- Melody pone en jaque su participación en Eurovisión: «No voy a ir a Basilea, es el momento de decirlo»
- El pueblo donde mejor se come de Galicia: un tesoro 'infravalorado' en plena Ribeira Sacra
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio
- Padín forzó al «Pitanxo» a la zozobra final con el buque ya escorado y con sobrepeso