«Morra o conto» enfronta esta noite a vida nunha vila pequena e a da gran cidade

A Pobra de Trives e Vigo, representantes de vida na vila e vida na grande urbe, loitarán no programa da Televisión de Galicia de hoxe ás 22.45 horas por ver en cal se vive mellor

David Vilares e Alba Mancebo, os presentadores de «Morra o conto».

David Vilares e Alba Mancebo, os presentadores de «Morra o conto». / CRTVG

Redacción

Vigo

Esta noite ás 22.45 horas o programa da Televisión de Galicia Morra o conto desprázase ata o Hotel Oca de Allariz, o terreo neutral desta semana para esclarecer dunha vez por todas, ou non, onde preferimos os galegos vivir, ou dito noutras palabras, onde se vive mellor, no rural, ca sua paz e encanto, ou na cidade, co seu axetreo e modernidade.

Alba ten claro que por moitas desventaxas que poida ter vivir nunha vila de menos de 2.000 habitantes como é a Pobra de Trives, a calidade de vida que lle ofrece a vila supera con creces a da cidade, cousa que puido ver a través de Isabel e Geli, que deixaron as suas vidas nas cidades para emprender no rural, ou a través de Farruco, quen non podía camiñar sen parar a saudar aos veciños e sentir ese caloriño humano, por non falar do milleiro de asociacións e actividades que fan tal e como lle amosaron as Macizas centrais.

Mentras, David asegura que as comodidades e luxos que ofrece unha cicade coma Vigo non se opacan con nada, e así quixo facerllo ver á súa compañeira, acudindo a un dos mellores hoteis de Vigo e disfrutando das maravillas que lle ofrecía Rocío no Gran Hotel Nagari, por non falar da gran variedade de productos frescos que atopou no mercado con Txema, para rematar con Balbi e as compañeiras de Ata o Mandil, Dolores, xa que música boa e tradicional, non só se pode disfrutar no rural.

No programa Morra o conto desta noite o humor, emoción, bicas, comida e moita música, vólvense a xuntar como cada domingo na Televisión de Galicia.

Este programa de entretemento da canle autonómica pon de manifesto cada domingo a enfronta de forma divertida dúas localidades da comunidade arredor dun tópico ou rivalidade que as define, como marisco ou cocido, banda ou orquestra, ou mesmo o eterno Celta-Dépor.

Este programa, en definitiva, a través de reportaxes e entrevistas nunha gala en directo e dos presentadores Alba Mancebo e David Vilares, descobre historias entrañables, personaxes únicos e momentos de grande emoción, celebrando as diferenzas que enriquecen a identidade galega mentres o público decide se «morre o conto» ou non.

Tracking Pixel Contents