Cinco grupos compiten pola primeira praza na final de «Traes unha cantiga?»
O programa da TVG (mañá, ás 17.45) volve escoitar parte das mellores interpretacións

A presentadora, Noelia Rey, con Sheila Patricia, Samuel González e Xurxo Fernandes, no programa. / TVG
Redacción
Os espectadores da TVG están máis cerca de coñecer cales son os cantos de taberna máis populares de Galicia da man do programa «Traes unha cantiga?», que mañá domingo (17.45 horas) celebra a súa primeira semifinal, grabada na Taberna A Cabana de Padrón. Nela participan cinco grupos cuxa interpretación foi elexida como a mellor nas anteriores emisións do espazo. Disputarán un único pase á final, na que a gañadora se enfrontará en duelo coa agrupación vencedora da segunda semifinal.
O programa, que presenta Noelia Rey, contará mañá coa participación das Cantareiras Bulideiras, de Vilagarcía de Arousa; Peis D’hos, de Cangas; Faro da Guía, de Vigo; Xermolos, de Guitiriz; e Xurupia, de Cenlle, que volverán cantar as peza polas que foron recoñecidas.
A ‘Muiñeira de Santo Amaro’ volverá sonar nas voces do grupo de pandeireteiras Bulideiras, de Vilagarcía de Arousa, gañadoras do premio á mellor interpretación no programa gravado na comarca do Salnés.
Pola súa banda, Peis D’hos, de Cangas, achegará a súa versión de ‘Na beira do mar’, recoñecida como a mellor da comarca do Morrazo, mentres que as voces masculinas do grupo vigués Faro da Guía, cantarán ‘Airiños, airiños, aires’, versión musicalizada do poema de Rosalía de Castro que popularizaraon Los Tamara.
Xermolos, de Guitiriz, gañaron na comarca a Terra Chá cunha interpretación a modo de regueifa entre homes e mulleres de ‘O quer que lle quer’, que volverá sonar así no «Traes unha cantiga?». Do mesmo xeito, o grupo Xurupia, formado por xubilados de Laias, no concello ourensán de Cenlle, cantarán ‘O andar miudiño’ que os fixo vencedores na comarca do Ribeiro.
A máis popular
Pero xunto á mellor interpretación, outras cantigas compiten por ser a máis popular, un título que recibirá a mellor valorada nunha macroenquisa realizada pola empresa demoscópica Sondaxe. A gañadora tamén participará na final.
No programa de mañá recordaránse cinco das seleccionadas nas distintas comarcas: ‘O sancristán de Coimbra’, de A Banda do Sequío, elexida no Salnés; ‘Na beira do mar’, de Peis D’hos, no Morrazo; ‘A rianxeira’, de Ata o Mandil, Dolores, en Vigo; ‘O galo’, de Mestura de Nete, na Terra Chá; e ‘O andar miudiño’, de Xurupia, no Ribeiro.
A semifinal volverá contar Xurxo Fernandes e Samuel González no xurado, aos que se sumará a cantautora Sheila Patricia como madriña.
- Ryanair cambia de repente su norma de equipaje de mano: estas son las novedades
- Un policía de Vigo se disfraza de cartero para pillar a una mujer que compró hachís por internet en Estados Unidos
- Hacienda lanza un aviso: queda prohibido seguir pagando en efectivo estas cantidades a partir de ahora, aunque sea fraccionado
- Salvador Macip, investigador: 'Ya ha nacido la primera persona que tomará un fármaco contra el envejecimiento
- El líder de Desokupa: «El de Vigo no fue un operativo conjunto, la Policía no trabaja para nosotros»
- Un carguero atraca de urgencia en Vigo tras perder decenas de contenedores en el mar
- Empleados de mantenimiento de Vialia denuncian «amenazas»: «Pasaron de pagarnos 25 euros por los domingos a 3 euros»
- Más de 200 migrantes residen desde hace seis meses en Mondariz-Balneario: «Nos queremos quedar en Galicia»