“Grazas á vida” despídese hoxe (17.25 horas, TVG 2) cun derradeiro programa dedicado á arte e ao deporte. Os seus protagonistas serán Aurora Martínez, que na década dos años 70 no século pasado foi pioneira da ximnasia rítmica en España e adestrou a varias ximnastas que chegaron a ser olímpicas e campioas de España, e Acisclo Manzno, escultor da madeira encantada, da pedra en movemento e da luz que se fai materia.

Para contar a súa vida, Aurora Martínez escolleu o instituto Otero Pedrayo e os Xardíns do Posío, presentes en varias etapas da súa existencia, o Ximnasio 2000, que fundou co seu marido no ano 1974, e a Facultade de Educación, onde pasou os seus últimos anos de vida laboral. Pola súa banda, Acisclo Manzano lembrará as súas vivencias na ribeira do Miño, no barrio da Chavasqueira, ademais da catedral de Ourense e no seu taller, un refuxio no que vive e crea en San Cristovo de Cea e no que prepara unha exposición polos seus 90 anos.