“A porta aberta” explica o labor da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira
O programa de Producións Celta chega ó seu capítulo 33 | Empeza ás 21.00 horas na TVG2

Ramón Collazo, Gerardo Triñanes, José Garrido, Francisco Fra. / Producións Celta
Redacción
A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) é a protagonista do programa de hoxe de “A porta aberta”. Baixo o título “Crear a alma do barco”, a produción adianta a súa emisión media hora polo que a TVG 2 pasará o capítulo ás 21.00 horas. Elaborado por Producións Celta para a canle autonómica, os espectadores poderán coñecer as actividades que desenvolve o colectivo así como parte da súa historia e filosofía.
Para elo, o programa conta coa participación de varios carpinteiros de ribeira. Son Ramón Collazo (presidente de Agalcari), Gerardo Triñanes (vocal do colectivo e o seu primeiro presidente), José Garrido (vicepresidente de Agalcari) e Francisco Fra (vogal da asociación).
Galicia é o centro mundial das carpinterías de ribeira. Historicamente foino e a día de hoxe é a comunidade onde se concentra o maior número de carpinteiros construíndo barcos. Os barcos son as pezas centrais na cultura do mar, e esta cultura é unha das grandes aportacións de Galicia ao resto do mundo. Traballando na continuidade deste oficio, cun alto valor identitario, traballase na Asociación Galega de Carpintería de Ribeira.
Estes profesionais defenden o seu oficio, defenden, polo tanto, o que son. Pero tamén, e sobre todo, defenden a unha colectividade, a un pobo que posúe sabedoría e a usa para o progreso. Eles son os gardiáns da esencia da construción dos barcos de madeira e traballan porque o oficio siga vivo na Asociación Galega de Carpintería de Ribeira.
Así, os invitados porán de manifesto a importancia de manter un oficio ancestral que o mundo segue a necesitar xa que forma parte da cultura universal. Deste xeito, os televidentes aprenderán que nos barcos de madeira se creou unha parte esencial da civilización.
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Clara, la abogada más joven de Ourense: «La vocación me viene desde pequeña; mi abuelo hablaba de Derecho en las comidas familiares»
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo