Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A CRTVG potencia a oferta infantil con 3 canles dixitais para cativos

‘Pequerrech@s’, ‘Cativ@s’ e ‘Mociñ@s’ xa están dispoñibles na aplicación e na página electrónica da televisión autonómica

A serie “Pippi Mediaslongas”, xa nas canles ‘Cativ@s’ e ‘Mociñ@s’.

A CRTVG potenciou desde este pasado mércores a súa oferta infantil coa estrea de tres novas canles dixitais dirixidas aos máis cativos. Son ‘Pequerrech@s’, destinada ao público ata 6 anos, ‘Cativ@s’ para nenos e nenas de 6 a 9, e ‘Mociñ@s’, dirixido aos maiores de 9. As tres canles, que acumulan 46 títulos e máis de 2.600 episodios, son xa accesibles a través da portada e na sección de directos da crtvg.es/en-directo e tamén na aplicación dixital da CRTVG.

O director de Contidos da Corporación, Fernando R. Ojea, sinalou que “esta oferta facilita o acceso dos máis cativos aos seus contidos favoritos en galego no portal da CRTVG, en tres canles adaptadas a distintos tramos de idade. A web dos medios públicos galegos é o gran contenedor de produtos audiovisuais para o público infantil e achega contidos feitos en Galicia e tamén outros grandes éxitos internacionais actuais e de sempre”.

A canle para os máis pequenos, ‘Pequerrech@s vai reunir 16 títulos de animación, cun total de 902 episodios das series ‘Os Axóuxeres’, ‘A tropa de trapo’, ‘Caracois’, ‘Cocorico’, ‘A nosa casa, As aventuras de Tip e Oh’, ‘Os Bolechas’, ‘Os Bolechas no cole’, ‘Os Bolechas One2Three’, ‘As Aventuras de Minchi’, ‘ Noddy Detective’, ‘O carteiro Pat’, ‘O teacher e os Bolechas’, ‘Planeta Fantasía’, ‘Telmo e Tula’, ‘Tutú’ e ‘A Pita Cega’. En total, 16 títulos e máis de 900 episodios.

A cativada de 6 a 9 anos terá os seus contidos favoritos na canle ‘Cativ@s’ con preto de 1000 episodios de 17 series: ‘A Pita Cega’, ‘ Braulio Tuber’, ‘Era unha vez a vida, ‘Era unha vez os inventores, ‘Era unha vez o home’, ‘Era unha vez os exploradores’, Garfield e mais os seus amigos’, ‘Kiteretsu, o primo máis listo de Nobita’, ‘Merenda cos Bolechas’, ‘Monster Allergy’, ‘Narigolas, a aventura da auga’, ‘Nós tamén creamos’, ‘O amigo Ed’, ‘Os contos do Camiño’, ‘Miracle Tunes’, ‘Pippi Mediaslongas’ e ‘Yakari’. En total, 17 títulos e preto de 1.000 episodios.

E os máis ‘Mociñ@s’, a partir de 9 anos, poderán desfrutar de ‘Miracle Tunes’, ‘ Pippi Mediaslongas’, ‘Garfield e mais os seus amigos’, ‘Kiteretsu, o primo máis listo de Nobita’, ‘Yakari’, ‘As andanzas do Gato con Botas’, ‘As aventuras de Rocky e Bullwinkle’, ‘Banana Cabana’, ‘Betty Atómica’, ‘Moby Dick e o segredo de Mu’, ‘Mysticons’, ‘Os misterios de Alfred’, ‘Princesa Sheherezade’, ‘Rantaro, o ninja pequeño’, ‘Sarxento Keroro’, ‘Sherlock Holmes’, ‘Spirit, galopando ceibe’, ‘Voltron, o defenser do universo’ e da serie emitida por TVG ‘Verán M’. En total, 19 títulos e máis de 1.200 episodios.

“Os Bolechas”

Esta nova oferta de canles dixitais complementa a proposta para o público infantil con outras novidades anunciadas estes días. Así este Nadal, en ‘streaming’ na canle de YouTube, de ‘Merenda cos Bolechas’ ata o 6 de xaneiro.

Cada tarde ás 17.00 horas, de luns a venres, emítese un directo de 20 minutos cargados de música, xogos e divertidas sorpresas nos que os rapaces poden charlar a través dun chat en aberto con estes entrañables personaxes de animación. O programa pode verse tamén posteriormente en crtvg.gal.

Compartir el artículo

stats