Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en “A porta aberta”

Inquedanzas e obxectivos deste colectivo, na TVG2

Alberto Blanco, Mónica García, Toni Salgado e Sheyla Fariña. Producciós Celta

Esta noite, o espazo da segunda canle da TVG “A porta aberta” cóntanos, na emisión que comenza ás 21.30 horas, a historia e actualidade da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Toni Salgado, membro da directiva. Alberto Branco, xerente da asociación, Mónica García, taménn na directiva, e a socia Sheyla Fariña nos achegarán as inquedanzas do colectivo.

Na cultura galega ocupa un papel relevante o traballo dos actores e actrices, históricamente nos teatros, e hoxe tamén nas pantallas audiovisuais. O seu traballo é esencial para axudar á sociedade galega a comprender e fixar os seus valores culturais. Pero a pesar disto trátase dunha profesión non sempre comprendida na súa valía. Para poder expresarse como colectivo, dignificar o traballo e reivindicar condicións laborais xustas naceu a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, protagonista do “A porta aberta” de hoxe.

O nacemento do teatro profesional galego dátase en 1978, coas montaxes de “Laudamuco, señor de ningures”, de Vidal Bolaño, e “O velorio” de Francisco Taxes e Antonio Simón. Dende aquela, as circunstancias da profesión foron cambiando, adaptándose á evolución da sociedade. E sempre o traballo actoral estivo á altura do requirido socialmente. Pero as condición laborais ás veces non se adaptaron coa axilidade precisa, e conseguir que así sexa é o traballo esforzado da asociación en todo este tempo.

A actriz coruñesa María Casares, que triunfou en Francia entre as décadas de 1940 e 1980, é unha figura de referencia para os actores e actrices galegas, e os premios que outorga a asociación cada ano levan o seu nome. Maía Casares é unha fonte de inspiración para as actrices, que teñen que abordar situación laborais e profesionais singulares, polas que traballa o conxunto da asociación.

O traballo actoral en esencia é un home ou muller que sae a escena ou se mostra ante unha cámara, interpreta un texto e crea múltiples emocións. Isto é fermoso e parece sinxelo, pero a súa complexidade é tan fonda como a propia complexidade humana.

“A porta aberta” é unha produción encargada por TVG a Producións Celta que está dirixida e escrita por X. H. Rivadulla Corcón.

Compartir el artículo

stats