“A porta aberta” ofrece hoxe unha nova emisión, á partires das 21.30 horas na TVG2, co capítulo titulado “Asociación Galega de Sumilleres. Descubrir os segredos do viño” no que dará a coñecer ós telespectadores o traballo que desenvolve este colectivo.

Para elo, o programa elaborado por Producións Celta para a canle autonómica conta coa presencia de varios dos cargos da Asociación Galega de Sumilleres. Deste xeito, o seu presidente, Juanjo Figueroa; o vicepresidente, Pedro Vilamarín; o secretario, Daniel Fernández, e a vogal da directiva, Carlota Iglesias, explicarán como sumilleres profesionais que son o traballo que realizan no colectivo.

O capítulo percorrerá tamén a historia do viño, que se remota ao año 8.000 antes de Cristo cun nacemento establecido nas beiras do Mar Negro. Unha terra lonxe de Galicia pero o seu cultivo e produción chegou ata aquí para convertirse nunha potencia vinícola mundial.

"Un sumiller é un contacontos que relata historias fermosas sobre o viño, historias que namoran e aportan coñecementos"

Así, os sumilleres, coñecedores dos caldos, a súa historia e as súas características, teñen como traballo profesional escoller o viño perfecto para acompañar a cada comensal e a cada plato.

O viño é a tarefa central nos coñecementos dos sumilleres pero o programa servirá tamén para que os seus protagonistas expliquen que tamén abarcan outras áreas, outro tipo de bebidas e tamén a gastronomía que as acompaña o que os converte en prescriptores en xeral da restauración.

Ademais, teñen moito de poetas xa que eles miran unha copa de viño e ven un universo que nós non somos quen de ver. E parte do seu labor é contar todo iso que eles ven no interior do viño para que ó probalo se comprobe a poesía.

Os invitados tamén explicarán que un sumiller é un contacontos que relata historias fermosas sobre o viño, historias que namoran e aportan coñecementos. Por iso tamén son creadores de felicidade cunha profesión que ten en conta sempre a quen bebe.