“A porta aberta” chega hoxe (21.30 horas, na TVG 2) á súa duodécima emisión co programa “Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) con libros para iniciar o camiño” . Realizado por Producións Celta para a canle autonómica, este episodio amosará aos televidentes o traballo que desenvolve un colectivo que ten como principal obxectivo darlle pulo á literatura en galego entre os máis novos da casa.

Para elo, o programa conta coas intervencións do presidente da asociación e autor de literatura infantil e xuvenil, Xosé Antonio Perozo; a investigadora e crítica de literatura infantil e xuvenil, Pilar Sampedro; o autor de literatura infantil e xuvenil e tesoureiro da asociación, Héctor Cajaraville, e Fran Castro, socio e director da Editorial Galaxia. Eles explicarán que Gálix naceu para que a industria do libro, dende os escritores ata os lectores, uniran esforzos para que a realidade do libro infantil e xuvenil medrase na cultura galega.

Deste xeito, explicarán os motivos polos que todos os libros son necesarios pero os do ámbito dos máis xóvenes da casa son os máis urxentes para manter a esperanza no futuro.

Así, a asociación naceu da necesidade de que os nenos e nenas que se expresan en galego precisan tamén de libros no noso idioma como fonte de alimento cultural. Así, estes libros teñen unha destacada relevancia porque é o obxecto que guía a formación das novas xeracións.