“Caderno de bitácora” aborda o traballo das redeiras en Malpica con Ángeles Millé
A TVG emite “Atar a vida co fío das redes” hoxe ás 10.40 horas e “Náufragos” lembra mañá o afundimento do “Meloxeira” en 2002

Ángeles Millé fala do seu traballo con X.H. Rivadulla Corcón. / Producións Celta
REDACCIÓN
“Caderno de bitácora” viaxa hoxe ata Malpica para coñecer o traballo das atadeiras da man de Ángeles Millé, presidenta da Asociación de Redeiras de Malpica O Fieital. Baixo o título “Atar a vida co fío das redes”, a TVG emite ás 10.40 horas un capítulo que se centra nas mulleres desta vila da Costa da Morte, unhas das poucas que traballan a arte da palangre, e que foi elaborado por Producións Celta para a canle autonómica baixo a dirección e presentación de X.H. Rivadulla Corcón.
A historia Ángeles Millé é a dunha muller traballadora que perdeu ó seu pai mariñeiro cando só tiña 8 anos, sendo ela a maior dos cinco irmáns. Con 15 anos empezou a súa vida laboral e con 33 comezou a ser redeira, unha tarefa na que achou un sentido ao traballar para a colectividade. É unha importante activista na dignificación do traballo das redeiras de toda Galicia e das mulleres do mar, sendo a secretaria da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca.
No oficio ancestral das redeiras Ángeles Mille, ademais de sabia, é un referente indiscutible en toda Galicia. E disto e moitas máis cousas falan a súa irmá,Yolanda Millé, que foi quen a introduciu no oficio, e Verónica Veres, presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, discípula de Ángeles e que segue os seus pasos no traballo polo colectivo.
Hoxe as redeiras son unha agrupación con visibilidade, que mellorou moito as súas condicións laborais e económicas nos últimos 15 anos. Foi por un traballo común, pero entre as persoas que máis destacan na consecución dos logros está Ángeles Millé. Por este motivo, “Caderno de bitácora” faralle unha homenaxe como representante do colectivo de redeiras de Galicia e no que participan a súa familia e as súas amigas.

María Alejandra Fernández, viuva de Antonio Barreiro. / Producións Celta
Por outra banda, a TVG emite mañá, las 11.50 horas, “No mar de María Antonia”, un novo programa de “Náufragos”. Elaborado por Producións Celta para a canle autonómica coa dirección de X.H. Rivadulla Corcón, aborda o afundimento do “Meloxeira” o 13 de abril de 2002 no mar de María Antonia. Os catro mariñeiros que traballan no barco, Antonio e Alberto Barreiro, Luis Vázquez e Óscar Maceira seguen baixo do mar.
O programa fala con María Alejandra Fernández, viuva de Antonio Barreiro, e coa súa filla, Alejandra Barreiro. O seu cuñado, Daniel Fernández, e a súa nai, Mercedes Barreiro, tamén lembran como pasaron eses días cheos de dureza e tristura e como tiveron que seguir adiante tralo naufraxio.
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Mueren dos hermanos de Salvaterra en un accidente frontal en Porriño
- Pilotos a ciegas y un tripulante asfixiado: urgen revisar el protocolo de seguridad por humo en algunos aviones tras el susto con un buitre en Madrid
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- Cierran tres negocios de Frutas Nieves en Vigo por el desahucio de un franquiciado, una situación inédita en sus más de 40 años
- María Corina Machado, de boda en Vigo
- Solo se fabrican un máximo 5 al año totalmente a mano y en Ourense: Así es el reloj gallego más exclusivo desde hace un siglo
- La chequera sigue cerrada