O afundimento do boniteiro “López Sueiras” inaugura mañá na TVG (11.50) a terceira tempada do programa “Náufragos”, que Producións Celta realizou para a canle autonómica baixo a dirección de X.H. Rivadulla Corcón. O capítulo, titulado “No vento que cruzou o Cantábrico”, aborda a historia deste barco que traballaba na costeira do bonito no mar Cantábrico cando foi soprendido por unha galerna que afundiu a nave o 12 de outubro de 1973, sen que nunca se recuperara ningún dos corpos dos seus once tripulantes.

Conta a historia Avelina López, filla do patrón do boniteiro, José Ramón López Sueiras, que sustituira nesa marea ó seu irmán Manuel porque estaban facendo un novo barco e tiña que ir ó estaleiro para arreglar varios papeis. Tamén María Dolores Alonso (filla de Manuel Alonso, mariñeiro do “López Sueiras”), Loli e Manuel López (sobriños de José Ramón e fillos de Manuel) rememoran aquel fatídico día que deixou a moitas familias e matrimonios novos desfeitos e moitos nenos pequenos orfos. Tempos moi duros marcados para sempre na vida dunha vila, Burela, que ten unha débeda con cada mariñeiro que morreu no mar e coas súas familias, que se traduce nun agradecemento eterno.

O presentador X.H.Rivadulla Corcón con Lola Domínguez no porto de Bueu. Producións Celta

Por outra banda, a TVG emite hoxe (10.55 horas) un novo capítulo de “Caderno de bitácora”. Titulado “Lola Domínguez. Ver amencer no mar”, Rivadulla Corcón achégase ata Bueu para coñecer a esta mariñeira que traballou nas bateas durante 34 años.

Elaborado tamén por Producións Celta para la canle autonómica, a emisión rende homenaxe a esta muller, sempre positiva. O seu irmán máis pequeno, José, que traballou con ela, e a súa amiga Celeste Piñeiro contan como é Lola e explican que ten dúas paixóns: a batea e os seus catro fillos.

Tras deixar o oficio, algo que moito lle custou, pensa ahora en ensinar a outros homes e mulleres a traballar na batea. Lola, parte importante da historia do mar da ría de Pontevedra, amosa así a súa xenerosidade e tamén a súa actitude positiva ante a vida o que permitiu escribir unha páxina entrañable no “Caderno de bitácora”.