Tanxugueiras, no seu camiño a Eurovisión: “Por primeira vez imos todos a unha”
Olaia, Aida e Sabela levarán o seu tema ‘Terra’ ao Festival de Benidorm: “Os euforans son amor puro, é bonito que algo así una a tanta xente”

Sabela e Olaia Maneiro e Aida Tarrío. / ROCÍO CIBES
Ana Carro
As vidas de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro suman un novo capítulo. Un dos importantes. Dos que quedan no recordo para sempre. Elas son Tanxugueiras. Ese grupo que namorou xa aos eurofans. O máis votado nas enquisas previas e agora un dos finalistas do Festival de Benidorm, de onde sairá o representante de España en Eurovisión. “Se digo a verdade, nunca pensamos nisto. Presentámonos por levar a nosa música e o galego ao máis alto, pero tampouco contabamos con que nos colleran porque había moitos artistas”, expón Olaia, aínda abraiada por ver as súas caras en moitos medios. “Meu pai está gardando as revistas e os xornais nos que saímos”, conta cunha risa nerviosa.
O tema feito para esta oportunidade é “moi Tanxugueiras”. Non podería ser doutra forma. “Resume forza e terra”, di. De feito, o seu título é Terra. Artistas, políticos, outros personaxes e moitos seguidores compartiron a súa emoción e os seus folgos por redes. “Por primeira vez imos todos a unha, como una gran familia que vai para adiante. Xuntámonos para facer que o noso idioma e toda Galicia poda estar aí. Estamos moi orgullosas porque é algo moi bonito”, resume.
O grupo compartirá escenario con Rigoberta Bandini, Azúcar Moreno, Rayden e Varry Brava, entre outros. En total, catorce candidatos. Só un chegará a Eurovisión. “Temos moitas ganas de coñecelos a todos e nutrirnos das boas vibracións”, declara Olaia Maneiro, quen fará unha lista en Spotify con todos os temas para reproducila sen descanso.
Tanxugueiras naceu cun obxectivo que agora ten aínda máis sentido: “Ademais das inquedanzas de cada unha, montamos o grupo para que o galego estea aí”. Olaia, Aida e Sabela, como elas mesmas anuncian, aman a súa “terra e o galego”. Para elas, xa é un orgullo que moitos fagan o esforzo de pronunciar ben o seu nome, que non é tarefa sinxela. “O importante é que a xente o intente. Xa nos chamaron de todo e nos fai moita gracia porque o intentan con todo o amor do mundo. Mola moito”. Pero, que é Tanxugueiras? Aínda pode haber alguén que non o saiba: “É unha toponimia do concello de Riós, en Ourense. É un conxunto de fincas. Queriamos algo de terra e un nome que soara moi a nós”.
Ata agora, ningunha das tres era fiel seguidora de Eurovisión, polo que están coñecendo un mundo novo. “Non sabiamos todo o que hai detrás. Imos aprendendo co camiño pouquiño a pouco”, desvela Olaia Maneiro, quen asegura que contan coa axuda dos seguidores. “Os eurofans son amor puro. Dá igual de onde sexan. É bonito que algo así una a tanta xente”, reflexiona a artista.
Tanxugueiras sabe que “non hai nada imposible”. O seu camiño é o exemplo. Pero, polo de agora, é momento de pensar só no Festival de Benidorm. “Imos paso a paso porque se non toleamos. Chegar a este festival xa é moi importante, que a xente se interese pola nosa cultura. Eurovisión queda máis alá”, conclúe.
- Una tuerca mal apretada inunda un piso recién estrenado en Vigo: la negligencia salió cara
- Muere una mujer en Vigo tras desplomarse en la calle Elduayen
- Parece Japón pero está en Galicia: el paraíso termal al aire libre que te trasportará al país asiático en una experiencia única
- Las cámaras de una peluquería de Vigo graban a una mujer reincidente robando la hucha de las propinas
- Liberan entradas para uno de los grandes conciertos internacionales del año en Vigo tras meses agotadas
- Antonio Granero, padre de uno de los detenidos por el crimen de la educadora: 'Es una locura que les permitieran regresar al piso
- La Xunta da luz verde a la declaración ambiental para implantar Altri
- La crisis del mejillón lleva a Mar a ampliar otra vez la capacidad de las bateas