“Coma un allo” da TVG despide ao marinense Martín López, que chega ao máximo de 50 programas
Marcha tras bater os récords de victorias e puntos

Martín López, co equipo do programa, na súa despedida. / TVG
REDACCIÓN
O marinense Martín López conseguirá hoxe ser o cuarto concursante do programa da TVG Coma un allo en acadar o límite de permanencia de 50 programas, tras os pasos do vigués Alberto García, o primeiro en conseguilo, de Adrián Estévez, de Pontevedra, e de Antonio Freire, tamén de Vigo. É a cuarta ocasión en que un participante logra acadar esta cifra nun formato apto para toda a familia, baseado na dinámica de preguntas e respostas, e que en cada edición trata de afondar nun tema de interese xeral.
Ademais, farao batendo todos os récords, xa que é o concursante que máis veces quedou na primeira posición ao longo da historia do programa e tamén o que obtivo as puntuacións máis altas durante a súa participación.
Martín López Nores é un destacado profesor da Universidade de Vigo, subdirector do nodo da área TIC desa universidade e investigador principal dun importante proxecto de investigación da UE. Ademais, foi un dos gañadores históricos do Cifras e letras da TVG, onde se iniciou nos concursos televisivos, e a partir de aí pasou por outros programas a nivel nacional.
Os aspirantes de Coma un allo, que hoxe chega á emisión número 527 e que presenta Bernardo Montaña cada domingo pola mañá na Televisión de Galicia, teñen que enfrontarse a preguntas de cultura xeral e ciencias e tamén a preguntas de proximidade, referidas á xeografía e á cultura galegas.
- Adiós a los toldos: Ikea lanza el nuevo invento para tener sombra en casa durante todo el año
- El ave que se «come» a la velutina
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Jóvenes de otras comunidades se lanzan a la compra de aldeas ‘ganga’ en Galicia
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- Gran despliegue de medios para sofocar un incendio forestal entre Pontevedra y Marín