“O son da ribeira” trasládase hoxe ata a Costa da Morte para investigar a orixe e dar a coñecer un pouco máis o “Alalá de Muxía” nun programa que se emite ás 10.00 horas na TVG. Cunha duración de trinta minutos e baixo a dirección e a presentación a cargo de X.H. Rivadulla Corcón, de Producións Celta, a emisión abordará os alalás, unha das formas musicais máis ancestrais de Galicia.

O capítulo empeza visitando a pedra de abalar, que xa non está no seu sitio orixinal xa que o mar, a pesares das súas doce toneladas de peso, consiguiu movela coa forza da agua. Segundo a lenda cristiá esta pedra é a barca da Virxe, pero segundo a lenda da cultura megalítica é a barca de Caronte, que leva a alma dos mortos á Illa da Eterna Xuventude.

O “Alalá de Muxía” é un dos alalas, conxuntamente co “Alalá das Mariñas”, que pode considerarse como canon dos alalás da música galega, que son a nosa forma musical máis ancestral. En Muxía pode considerarse un himno xa que os seus veciños séntense representados neste tema. Ademáis, as súas múltiples interpretación levan polo mundo o nome do lugar.

Las pandereteiras Abaladeiras de Muxía interpretan el alalá Producións Celta

A primeira formación que interpretará o tema no programa será o o grupo de pandeireteiras Abaladeiras, que ofrecerá unha versión especialmente emotiva. Despois da actuación, Rivadura Corcón falará con Felipe Sar, profesor e director da agrupación, quen contará o que significa este alalá para os veciños e veciñas de Muxía, como é para as propias pandeireteiras de Abaladerias a súa interpretación e como é a versión que interpretan.

Ó igual que moitos dos lugares que visita “O son da ribeira”, Muxía é un mar e a súa vida movese ao redor do mar como alicerce económico e cultural. E as xentes que traballan este mar fano nun dos máis bravos do mundo, como os percebeiros. Estes profesionais teñen a Punta da Barca, onde está a pedra e o Santuario, un dos lugares onde collen o mellor producto desta costa. O “Alalá de Muxía” fala dun mariñeiro pero ben podería falar dun percebeiro. Por iso, o programa falta co percebeiro Toñico Haz, home experimentado que explicará a realación dos percebeiros coa Virxe da Barca de Muxía.

A continuación, o músico Xabier Díaz, na vangarda da música galega, interpretará ao acordeón unha versión moi fermosa do “Alalá de Muxía”.

Asimesmo, o mundo do mar é moi musical, pero tamén moi relixioso. E a virxe da Barca é unha virxe mariñeira que chegou a Muxía na súa propia barca. Esta devoción mariñeira exprésase, entre outras formas, con ex-votos en forma de barcos. Para explicar a relación dos profesionais do mar coa Virxe da Barca, Rivadulla Corcón entrevista ao mariñeiro Javier Castro, xa xubilado. Falarán do vencello dos mariñeiros coa Virxe, e o que significa para a cultura de Muxía, independemente de ser crente ou non.

A cantante que máis ten popularizado o “Alalá de Muxía” é Uxía. Ela mesma contará en primeira persoa a súa relación con este alalá, como o coñeceu e a súa importancia dentro do seu repertorio.

A emisión continúa coa interpretación do “himno oficioso” de Muxía por tódalas agrupacións musicais que existen formadas por veciños e veciñas de Muxía, como a Coral Polifónica Virxe da Barca de Muxía, no interior do Santuario da Nosa Señora da Barca.Por último, a propia Uxía poráse ante o micrófono para ofrecer unha versión especial do “Alalá de Muxía”, chea de cariño e de sentimento.